Voto socialista=Voto do progreso, da igualdade e da equidade.

20160918-mitin-vilagarcia-leiceaga-pedro-sanchez-webO candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediu hoxe o voto socialista que supón “o camiño do progreso, da igualdade e da equidade”. Na súa intervención no  , xunto a Pedro Sánchez, o candidato dixo que “derrotar ás enquisas depende de nós”, en resposta ás sondaxes que hoxe lle dan maioría absoluta ao PP.

Fernández Leiceaga advertiu que “queren convencernos de que todo está feito pero non é certo porque son os cidadáns os que decidirán o próximo domingo a Galicia que queren”. Sinalou que “o futuro non está escrito, imos escribilo nós co noso voto, e imos conquistalo votando socialista” porque, remachou, “se temos confianza e cremos nas nosas posibilidades o 25 de setembro haberá cambio”.

Achacou o tratamento das sondaxes á estratexia do PP, que “xa quixeron enterrarnos nas eleccións xerais e non o conseguiron”, cando tódalas previsións anunciaban un “sorpasso” e os socialistas galegos consolidáronse como segunda forza. Conxurou á esquerda a “derrotar ás enquisas, porque depende de nós” fronte a un Feijóo que “é do PP aínda que queira ocultalo, como Barberá, Camps, Fabra, Gürtel e Bárcenas”.

Na súa intervención de hoxe, advertiu que “estou aquí contra todo prognóstico, e contra todo prognóstico liderarei o cambio en Galicia” para levar ao goberno galego un “cambio tranquilo, solvente e confiable como só podemos ofrecer os socialistas”.

Mo mitin animouse aos asistentes a impulsar o “cambio urxente e imprescindible” para conseguir unha Galicia “máis próspera e solidaria, máis grande, que pise máis forte e que mire máis lonxe”. Chamou a parar o goberno de Feijóo, de parálise, de recortes e de resignación e de poñer o noso país ao servizo de Rajoy e dos Baltar, daqueles, en definitiva, “aos que non lles interesa dar resposta aos problemas dos galegos e das galegas”.

Pola súa parte, Pedro Sánchez afirmou non crer nos sondeos e demandou a movilización dos socialistas fronte á abstención ou os malos augurios, asegurando que “o futuro en democracia non está escrito, depende do noso voto”. O Secretario Xeral do PSOE rematou a súa intervención afirmando estar convencido de que Galicia está a cinco días de que “Feijóo non sexa máis que un mal recordo”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services