Visita ao Clube Naval: “Os socialistas faremos do dragado unha cuestión estratéxica e prioritaria”.

20160905-ClubeNaval

A candidata socialista María Pierres considera prioritario o dragado do río Lérez e da boca da Ría de Pontevedra.

  • Para a candidata socialista queda patente a necesidade do dragado do río/ría dende case a Illa de Tambo ata a ponte do Burgo, Pontevedra leva esperando unha década por unha solución e agora que hai un documento consensuado  non se entende  que non se estea actuando xa.
  • “Os socialistas faremos do dragado unha cuestión estratéxica e prioritaria. Recuperar a ría e o seu calado non é unha cousa menor”.

A candidata socialista ao Parlamento de Galicia, María Pierres, afirmou hoxe que “a Xunta ten que cumprir o seu compromiso de dragar o río e a ría de Pontevedra. É inadmisible manter  máis tempo esta situación”. Con esta contundencia expresouse hoxe  a candidata Socialista María Pierres, tras a visita as instalacións do Clube Naval de Pontevedra, onde estivo acompañada polo tamén candidato José Antonio García Lores e polos concelleiros socialistas Tino Fernández e Paloma Castro.

A visita, realizada a petición do PSdeG-PSOE, serviu para coñecer o importante traballo que dende o Clube Naval se está a facer para valorizar o noso río e ría e os atrancos con que se vai atopando.

“É moi meritorio o traballo do Clube Naval, unha das institucións máis queridas e respetadas na nosa cidade e lle agradecemos o seu esforzo para poñer en valor o noso río” engadiu Pierres ao finalizar a visita.

O presidente do clube, Carlos Paz, acompañado do secretario, Ángel Cacabelos, amosoulles as instalacións e fixo un repaso polas necesidades  máis apremiantes. O dragado do río é unha cuestión prioritaria. A día de hoxe hai amarres  que teñen dificultade para ser utilizados debido aos arrastres e aos lodos que se van acumulando no leito do río.

Para María Pierres, “queda patente a necesidade do dragado do río/ría dende case a Illa de Tambo ata a Ponte do Burgo, Pontevedra leva esperando unha década por unha solución e agora que hai un documento consensuado  non se entende  que non se estea actuando xa. O dragado do río, feito con criterio, ten unha enorme importancia, non só dende o punto de vista económico, no que se refire aos amarres, senón tamén ás expectivas de mellora nos bancos marisqueiros do fondo da ría”.

Ambas cuestións fan imprescindible axilizar tramites. “Os socialistas faremos do dragado unha cuestión estratéxica e prioritaria. Recuperar a ría e o seu calado non é unha cousa menor”, enfatizou a candidata socialista. Pontevedra necesita  mirar cara ao río, poñelo en valor, aproveitar os recursos que lle ofrece a ría e a sua situación privilexiada.

“Somos conscientes das dificultades que supón facer un dragado en condicións, pero unha vez que xa se consensuou e existe un proxecto, non pode  ser que se deixen pasar os meses sen iniciar os procedementos”, manifestou o tamén candidato José Antonio García Lores.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services