Traballando por unha Pontevedra en igualdade

Este xoves 4 de abril, na Residencia de Estudantes, foi un honor para a nosa Agrupación haber podido desfrutar da presenza en Pontevedra da compañeira Carla Antonelli, e que nos relatara a súa experiencia de anos na loita pola igualdade do colectivo LGTBI, e particularmente do colectivo Trans. Como indicou Carla, “no podemos dar un paso atrás ni para tomar impulso”, xa que existe un risco claro de involución, e é importante que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades, aínda que a moitos partidos lles moleste. E como dixo tamén a primeira muller presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que nos acompañou no acto, xunto a nosa Secretaria Xeral, Maica Larriba, primeira muller en ocupar dito cargo na nosa Agrupación, e o Secretario Xeral Provincial, David Regades, “el PSOE siempre ha sido el partido que se identifica coa igualdade”, e o demostrou aprobando a lei de Igualdade ou a do matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

“A loita pola igualdade é o valor esencial que diferencia ó PSOE de calquera outro partido. Todas e tódolos socialistas levamos a loita pola igualdade no noso ADN e no noso corazón. Igualdade significa que o Concello de Pontevedra estea do lado daquelas persoas que máis o precisan e que, no marco das súas competencias, garanta unha educación pública de calidade”, proclamou o noso candidato á alcaldía de Pontevedra, Tino Fernández.

Tamén foi para nós un honor poder contar con outra das compañeiras que nos acompañou, como non podía ser doutra maneira, neste necesario acto, Ada Otero, a nosa número 6 da lista municipal, que se converte, deste xeito, na primeira muller trans que se presenta a uns comicios municipais en Galicia, o que, como manifestou Carla, é un martelazo máis nos teitos de cristal da desigualdade. Un paso máis que nos permitirá seguir avanzando na consecución de dereitos para tódolos cidadáns; e é unha satisfacción que todos estes pasos se dean na nosa cidade, en Pontevedra.

Ada Otero e Carla Antonelli

Ada, pese a súa mocidade, é unha muller feita é dereita, licenciada en dereito, especialista en violencia de xénero, activista e formadora en grupos de apoio para persoas transxénero e familiares, que, sabedora das necesidades do colectivo LGTBI, non se conformou con iso e, froito da responsabilidade de axudar, decidiu apoiar e traballar na creación da plataforma “Género Diverso” e na representación da Asociación Avante na nosa cidade. Pois como expresou no acto, “a sociedade ten que comezar a aceptar a diversidade e a recibila cos brazos abertos”. Con ese e outros obxectivos traballara xunto ó resto da candidatura, visibilizando e dándolle voz ó colectivo, como xa fixo, xunto á nosa Agrupación, con motivo do Día Internacional da Visibilidade Trans que tivo lugar o 31 de marzo.

Nesta liña presentamos unha moción onde instamos ó Concello e ás administracións competentes para que se introduzan charlas sobre a sensibilización e liberdade de xénero no protocolo escolar que levará a cabo a asociación Arelas, asociación que traballa e promove a defensa dos dereitos das persoas trans en tódolos ámbitos da vida.

Pero igualdade, como indicou Tino Fernández, “significa tamén que a xente que vive nos barrios e parroquias dispoña dos mesmos servizos que a que reside no centro da cidade. Os Pontevedreses que viven nos barrios e parroquias demandan un novo PXOM, con núcleos ben definidos e que facilite a edificabilidade. Piden axudas para rehabilitar as súas vivendas e o remate da conexión á rede de saneamento pero, sobre todo, precisan dun transporte público económico e de calidade que cubra as súas necesidades, e non de “rafanetas””. Así nolo manifestaron tamén os cidadáns nas nosas visitas ás parroquias, como no caso de Cerponzóns, onde estivemos este luns falando cos/as nosos/as veciños/as.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services