Traballando para que O Burgo tamén se sinta Pontevedra

Cumprindo co Plan de Traballo da Comisión Executiva local, os socialistas seguimos a visitar os barrios de Pontevedra, falando cos veciños e consultándolles as súas preocupacións e necesidades para os mesmos, de tal xeito que poidamos non só mellorar os barrios, senón tamén facelos da xente, que os veciños se sintan partícipes das políticas implementadas na súa cidade.

 

Nesta ocasión visitamos o barrio de O Burgo, que tamén é Pontevedra, para recoller tanto as propostas dos veciños, como facerlles chegar as que o Partido Socialista pretende levar a cabo no mesmo, consistentes en:

– A ampliación do parque infantil da Praza de Pasarón.

– A sinalización de pasos de peóns na rúa Luís Otero.

– A mellora das beirarrúas das dúas marxes da rúa Xoán Manuel Pintos e das da marxe esquerda (dirección Santiago) da Avda. de Compostela, entre a ponte sobre o Lérez e a rotonda de Pasarón.

– A cesión integral ó Concello de Pontevedra da totalidade da Avda. de Compostela, entre a rotonda de Pasarón e a de Médico Ballina.

– A rehabilitación integral da rúa da Santiña.

– A posta en valor da fonte da Santiña e o seu entorno.

– A limpeza periódica das malezas e cunetas.

– O tratamento adecuado para a rúa Juan Bautista Andrade.

– A mellora da recollida do lixo en toda a zona.

– A creación dun parque infantil na rúa Médico Ballina.

– O calmado de tráfico e a mellora da seguridade peonil e do pavimento na rúa Torre e adxacentes.

– A mellora da limpeza viaria en toda a zona.

– A creación dun novo Albergue de Peregrinos no Burgo, nas vivendas situadas na cabeceira norte.

Medidas, xunto as achegadas polos veciños, coas que esperamos facer unha Pontevedra da xente, dos barrios, dunha cidadanía que quere avanzar.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services