TRABALLANDO PARA AS PARROQUIAS

As parroquias son para os socialistas un territorio, unha veciñanza que merece tanto respecto e atención como o resto do concello, dende o centro urbano ata os barrios; por iso, seguimos a percorrer as parroquias de Pontevedra falando cos veciños para coñecer as súas necesidades e problemas, para poder ofrecerlle, no noso programa para as próximas eleccións, solucións reais que contribúan a crear unha Pontevedra mellor, na que tod@s se sintan representados e apoiados.

Con ese motivo, visitamos a parroquia de Pontesampaio, intercambiando pareceres, escoitando e dando a coñecer os nosos veciños e veciñas algunhas das nosas propostas para as parroquias:

– Un novo PXOM, con núcleos definidos, que facilite a edificabilidade e evite o despoboamento do noso rural.

– Axudas para renovar e rehabilitar vivendas, favorecendo o afianzamento de poboación.

– Rematar os saneamentos pendentes e tan necesarios para mellorar a vida nas parroquias.

– Un plan de melloras viais: asfaltado, arcéns, limpeza de cunetas, etc.

– Unha ordenación específica de convivenza, na que se incluirá medidas como a limpeza de fincas.

– O desenvolvemento de ecoespazos.

– Unha Marca verde para cultivos de hortas e veigas.

– A creación dun viveiro de empresas, para a comercialización de produtos agrícolas.

– Un Plan estratéxico de servicios, tales como: transporte público, telefonía e redes, seguridade viaria, actividades socioculturais, servizo de proximidade, etc.

– Bonificacións fiscais, como unha redución do 30% do IBI para casas sen conexión e saneamento.

Porque Pontevedra é da xente, da xente das parroquias, da xente que quere avanzar.

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services