Traballando para a xente de Verducido, traballando polo rural

As parroquias de Pontevedra xa levan moitos anos esperando a que se lles faga caso, por iso, os socialistas non podemos deixar de traballar por elas e percorrelas escoitando ós nosos veciñ@s, porque eles tamén son parte importante do concello de Pontevedra.

Nesta ocasión visitamos Verducido, e o fixemos da man do Presidente da Asociación de Veciños e da Comunidade de Montes, Marcos Rey, que formará parte, nas próximas eleccións municipais, da candidatura do PSdeG-PSOE, no que é unha aposta clara do noso partido polo rural, por contar coa xente que traballa día a día e codo a codo cos nosos veciñ@s. Unha persoa moza, dinámica, moi preparada e con moito pulo, grazas o cal as parroquias estarán moi ben representadas na próxima corporación.

Con el e co noso candidato, Tino Fernández, á cabeza, falamos cos veciñ@s da parroquia, interesámonos polos seus problemas e recollimos diversas propostas que uniremos ás nosas para dita parroquia, procurando que os cidadáns do rural se poidan sentir tamén parte de Pontevedra e que se lles recoñeza o papel plural e enriquecedor que xogan dentro do concello. Porque Pontevedra é da xente, da xente das parroquias, da xente que quere progresar.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services