Tino Fernández fala da Lei de Costas con Pedro Sánchez.-

O secretario xeral do PSOE con Tino Fernández
O secretario xeral do PSOE con Tino Fernández

O candidato á Alcaldía de Pontevedra, Agustín (Tino) Fernández, falou co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, sobre os efectos da modificación da Lei de Costas acometida polo Partido Popular. Unha conversa producida durante o acto celebrado onte en Santiago de Compostela.
O candidato pontevedrés explicou as consecuencias da “perversión” da Lei de Costas, acometida polo Partido Popular, na cidade de Pontevedra, onde esta cuestión está directamente vinculada á permanencia de Ence na ría.
Agustín Fernández explicou que a defensa do litoral debe ser cuestión de Estado e resulta inexcusable volver ao marco normativo da lei impulsada polos socialistas en 1988, que reducía a 30 anos a vixencia das antigas concesións a perpetuidade do franquismo.
Na conversa, transmitiulle tamén a necesidade de que o Goberno do Estado se involucre no traslado de Ence, acabando así co impacto ambiental e urbanístico sobre a ría de Pontevedra e a área conurbana Pontevedra-Marín.
O candidato puxo tamén o acento na necesidade de que todas as Administracións se tomen en serio o saneamento da ría e cumpran, dunha vez, as directivas europeas sobre saneamento en zonas sensibles, que están en vigor dende 1998.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services