Só un goberno presidido por Leiceaga será sensible as necesidades dos traballadores e traballadoras do mar

 

20160920-foto-acto-confrarias-web “O fracaso de Feijoo en materia pesqueira non é un invento dos Socialistas. O fracaso escenificouse o 27 de febreiro 2016 nas rúas de Compostela nunha manifestación apoiada prÁcticamente polo 100% do sector e que xuntou a máis de 30.000 persoas en contra das políticas do Partido Popular e do intento de aprobar pola porta de atrás unha lei de acuicultura privatizadora, feita ás costass de todo o sector pesqueiro: mariscadoras, bateeiros, mexilloeiros”. Deste xeito comezou a intervención da candidata socialista Patricia Vilán na reunión que no dia de hoxe mantiveron con representantes das  mariscadoras da provincia.

A reunión, convocada polo PSdeG-PSOE, serviu para  que a candidata número 2 pola provincia de Pontevedra fixera entrega ás asociacións dos compromisos dos Socialistas recollidos no programa electoral.

As zonas de produción marisqueiras atópanse nunhas condicións de total abandono, o que provoca importantes caídas das producións pola incidencia de parasitos e especies invasoras que chegan ás nosas costas polos nulos controis sanitarios sobre as especies de bivalvos importados

“O marisqueo sempre foi un elemento dinamizador da economía na costa e un recurso fundamental para moitas familias. Feijoo e o PP desprezan a súa importancia”, indicou Patricia Vilán no transcurso da reunión.

Fronte a esta situación de abandono, a candidata socialista presentou na reunión unha batería de propostas dirixidas á dignificación das labores do mar.

“Asuntos como a defensa dos traballadores do sector en materia de pensións, seguros de mal tempo, flexibilización de pagamentos en préstamos para investimento do sector estarán na axenda de prioridades dun presidente socialista”, afirmou Patricia Vilán, quen a continuación remarcou que “non nos esqueceremos da posta en marcha dun Plan integral e efectivo contra o furtivismo e a pesca ilegal. Nin do apoio ás confrarías de pescadores de Galicia e ás asociacións representativas do sector no seu proceso de modernización da actividade comercializadora”.

Vilán rematou asumindo o compromiso de avaliación e implementación do plan de actuación en relación á fonda caída da produción de berberecho nas Rías Baixas, así como doutras especies como as ameixas, para finalizar afirmando que “só un goberno presidido por Xoaquín F. Leiceaga será sensible as demandas das traballadoras e traballadores do mar”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services