Reunión coa veciñanza en Monteporreiro

O domingo 9 de decembro, pola mañá, os socialistas demos un paseo polo barrio de Monteporreiro, falando cos veciños e informándolles da xuntanza coa veciñanza que íamos ter ó día seguinte, o luns 10 de decembro, no centro sociocultural de Monteporreiro, ás 19 horas, o que serviu para que o citado día o local de reunión estivera completo.

O luns, trala presentación do compañeiro e veciño de Monteporreiro, Suso Fernández, tomou a palabra a Secretaria Xeral da Agrupación, Maica Larriba, quen lembrou que era de xustiza que tódolos cidadáns de Pontevedra, tamén os dos barrios e parroquias, tiveran as mesmas condicións de vida e acceso ós mesmos servicios que o resto dos veciños. Que os socialistas non entendemos que haxa barrios ou veciños de primeira, de segunda e, incluso, de terceira categoría. Incidiu tamén en que o barrio de Monteporreiro, que conta cunha poboación importante, fora un dos referentes nos movementos veciñais pontevedreses, e que o debía seguir sendo. Antes de cederlle a palabra ó candidato do noso Partido, “que é a persoa que mellor coñece os problemas da xente de Pontevedra”, ofreceulles ós veciños que contarán co Partido Socialista sempre que o precisaran, pois seguiríamos indo a Monteporreiro sempre que os seus veciños o demanden.

Tino Fernández, portavoz do PSdeG no concello, comezou dicindo que os socialistas estábamos alí para falar das súas necesidades, xa que tras varias visitas, coñecíamos ben as carencias do mesmo. Unhas deficiencias que se acrecentaron nos últimos anos, en parte por causa dunha política municipal que só se circunscribe á almendra co centro da cidade, abandoando á periferia. Para acabar con esta situación, Tino presentou dúas propostas:

1. Que Monteporreiro conte cunha partida particular nos orzamentos municipais, xa que hoxe en día dita partida é xenérica, non identificando ónde van ir destiñados os cartos, o que moitas veces redunda no abandono continuado dos lugares que electoralmente menos lle interesan ó goberno municipal. Que é unha pena o abandono que se fixo de boas iniciativas como resultaran as escolas taller, hoxe convertidas en parcelas abandonadas, como metáfora do desinterese do BNG polas políticas de emprego. Dita proposta, ademais, contabilizouse nuns 600.000 euros anuais, os cales poderían aumentar cos apoios doutras administracións. Apoios, como o da Deputación de Pontevedra, que, hoxe en día, por decisión dos nacionalistas, se dedica exclusivamente á construcción de campos de fútbol (5 millóns de euros invertidos nunha única dirección, sen ter en conta que dita inversión supón tamén un posterior mantemento que pecha outras inversións).

2. Mellorar o transporte público, outro dos déficits ós que se enfrontan os veciños de Monteporreiro, os cales se sinten penalizados, como nos manifestaron, por ter que pagar ata dous trasvordos para ir ó hospital, un servizo básico que debería facilitarse, e máis no caso das persoas maiores, con maior dificultade para desprazarse; pensionistas que se atopan cun coste por billete de 1,45 €. Para evitar esta situación inxusta, os socialistas ofrecemos un rebaixa no billete dun 25%, con bonos máis baratos, bonificación para as familias numerosas, ou a gratuidade para as persoas en situación de desemprego e pensionistas que non gañen por riba do salario mínimo interprofesional, algo que non é imposible, xa que se fai noutras cidades, incluso con rutas máis longas. Isto potenciaría, asimesmo, o uso do transporte público, pois non se entende que un goberno que defende a peatonalización e a penalización do uso do coche, non invirta e facilite logo, ós seus cidadáns, a movilidade por outros medios. Tino lembrou tamén que o Partido Socialista xa presentara unha moción para que se renegociara coa empresa adxudicataria a rebaixa dos billetes, o que foi aprobado por tódolos grupos políticos, incluído polo que tiña que facer esa negociación, o BNG, que non o respectou, tendo lugar o pouco tempo unha nova suba.

O candidato do PSOE reclamou un modelo de cidade que non sexa só de veirarrúas, senón tamén para as persoas, xa que é cando se pensa na xente cando realmente se mellora a vida dos cidadáns, como se puxo de manifesto estes días forzando ó BNG a incluir no orzamento a contratación de traballadores sociais, dos que tamén hai necesidade en Monteporreiro, ou creando fai anos, por empeño dun concelleiro socialista, os comedores escolares. Un modelo no que as parroquias non segan perdendo poboación por culpa das dificultades para vivir fora do centro da cidade, ou pola imposibilidade de construir unha casa ou crecer pola falta dun Plan Xeral de Urbanismo.

A continuación cedeulle a palabra os veciños presentes, xa que “esta reunión non é só para que nós falemos, senón principalmente para recoller as vosas necesidades e propostas”. Nesa conversa cos veciños púxose de manifesto a necesidade de levar a cabo outra das propostas dos socialistas, a creación dun transporte que non só circunvale Pontevedra, resultando inservible para a xente maior que precisa desprazarse a outros puntos, senón que tamén faga un percorrido polos principais puntos de interese da cidade, como o hospital. Tamén se falou da creación dun carril bici, dunha vía sanitaria que libre ás ambulancias e ós pacientes de ter que soportar os lombos, con risco para estes, recoñecido polos sanitarios, en casos de traumas e similares, e, por suposto, da necesidade de aparcamiento gratuíto, xa que os veciños de Monteporreiro se ven perxudicados non só cun transporte caro, senón tamén coa obrigatoriedade de pagar parkings privados cando baixan ó centro, tendo que ir a comprar a grandes superficies con aparcamento, o que, curiosamente, vai en contra do pequeno comercio que tanto di defender o alcalde.

En calquera caso, a reunión serviu para por de manifesto o abandono do barrio de Monteporreiro, como así reflictiron os seus veciños, con árbores caídas, adoquines levantados, basura que non se recolle en varios días pese ó desborde da mesma, un plan de humanización do barrio prometido pola Xunta de Galicia e polo Goberno Municipal que nunca se cumpriu. Como dixo un veciño: “O alcalde dí que Monteporreiro é o orgullo de Pontevedra. Debe ser por iso que os turistas cando chegan a cidade o primeiro que visitan é o noso barrio”. Monteporreiro tamén é Pontevedra.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services