Recuperar a importancia do comercio como motor económico, premisa do programa socialista.

mercado“O Comercio é un dos grandes esquecidos   polos gobernos de Feijoo e do PP.  Dos  345 millóns de inversión a través do IGAPE no 2010, pasamos a 92,5 millóns en 2016. Unha caída do 75%. E iso mentras se tiraban miles de millóns nunha venda vergoñenta das caixas galegas. A Feijóo o pequeno comercio  impórtalle  moi pouco”. Asi resumiu  a candidata socialista María Pierres a xestión do Partido Popular e da Xunta durante os gobernos de Nuñez Feijóo.

Os socialistas non imos a perder moito tempo criticando o que non existe. E a política de apoio ao comercio non existiu co PP. Nós imos a por en práctica unha actuación de choque para dinamizar e poñer en valor un recurso fundamental para o crecemento económico do país, como é o comercio.

O comercio fai cidade. E o comercio en Galicia é fundamental para artellar unha rede de cidades e vilas vivas e con actividade económica que permitan fixar poboación no territorio e desenvolver proxectos vitais aos galegos e ás galegas.

“Hai que elaborar un Plan Estratexico de Mellora do Comercio Galego, que defina con claridade a posición do comercio retallista, as grandes superficies, os recintos feirais, e fortaleza  o tecido urbano e o rural”, indicou a candidata. E hai que facelo sen perda de tempo porque están en xogo miles de postos de traballo

Para María Pierres, “trátase de impulsar o pequeno e mediano comercio  a base de medidas concretas e creibles de modernizacion  e profesionalización. Temos que evitar a progresiva desaparición dos comercios mediante un plan de  impulso a transmisión familiar, que permita a súa continuidade”.

“O comercio dos centros históricos urbanos merece unha especial atención e unha estratexia propia en colaboración cos concellos. Da sua dinamización depende en ocasións a propia conservación do noso patrimonio”, suliñou a candidata socialista

Con respecto as prazas de abastos,  María Pierres indicou que están nun momento de transición e que necesitan dun apoio especifico para adaptarse as novas necesidades e demandas dos consumidores.  “As prazas  xogan un papel importante de dinamización, e hainas que por en valor mediante actuacións concretas”. A modernización, a formación e a especialización son  os eixes fundamentais de actuación que figuran no programa dos Socialistas

“Os e as Socialistas falamos do que importa: do futuro. E temos respostas novas. O PP xa solo é pasado”, rematou dicindo a candidata Socialista

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services