Presentación da candidatura socialista de Pontevedra ás eleccións do 25S.

Presentación Candidatura Pontevedra PSdeG-PSOE
Hoxe, o PSdeG-PSOE ven de presentar a candidatura de Pontevedra ás eleccións autonómicas do 25 de setembro. A presentación correu a cargo do noso candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga.

En nome dos candidatos, tomou a palabra o cabeza de lista, Abel Losada, quen sinalou o compromiso da candidatura socialista para “traballar e dar a cara defendendo a todos eses que Feijóo dejixou na cuneta”. Asímesmo indicou que Núñez Feijóo non se preocupou máis que das cuentas que tiña que presentar en Madrid frente aos problemas dos gandeiros do Deza, a flota do cerco, o tecido industrial, as becas, o desemprego ou a sanidade.

Pola súa parte, Leiceaga aproveitou o acto para asegurar a capacidade das listas do PSdG-PSOE para por as cousas a andar de verdade e actuar nos problemas de fonfo. O candidato socialista apuntou que, dende que Feijóo ocupou a presidencia da Xunta, nacen en Galicia 19.000 nenas e nenos menos, cada ano saen 5.000 inmigrantes, destruíronse 150.000 empregos en 1.000 o número da camas hospitalarias e 2.500 docentes. Ao mesmo tempo, comprometeu “revertir estas cousas” e restaurar os servicios públicos “ao nivel do ano 2008”, ademáis de aplicar un plan de emprego que anualmente apoie as iniciativas de 10.000 mozas e mozos, un plan contra a pobreza infantil que frene as desigualdades e impulsar a axuda á dependencia.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services