Sanidade, Educación e Cultura referentes do programa socialista.
Patricia Vilán, María Pierres e García Lores, a candidatura pontevedresa ao Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE, deron hoxe unha rolda de prensa, na que rexeitaron as políticas levadas a cabo polo goberno de Núñez Feijóo en materia de sanidade, educación e cultura.
“Rexeitamos a privatización sanitaria do Partido Popular, ampliaremos o Hospital de Montecelo para convertilo nun verdadeiro hospital único de Pontevedra”, sinalou Patricia Vilán. Asímesmo, e en coherencia con este compromiso, indicaron que o Hospital Provincial debe convertirse nun gran centro de especialidades e crónicos.
Os socialistas esixen un cambio en Galicia e quisieron recordar onte as políticas do goberno de Alberto Núñez Feijóo, que según José Antonio García Lores “só sabe terxiversar a realidade social de Galicia”. Un país no que as políticas do Partido Popular provocaron o incremento do paro en Galicia en todos os ámbitos, agricultura, pesca, servizos, etc, ademáis da gran diminución da cobertura dos parados e da precariedade laboral.
Os socialistas denunciaron os recortes do Partido Popular en educación, a reducción do profesorado, a perda de calidade educativa e a falta de inversións nos colexios públicos, que neste último caso e a modo de exemplo conleva que un centro como o Frei Martín Sarmiento non poida aceptar alumnos con discapacidades físicas por non ter como subir ao segundo piso, onde están as aulas.



