Pontevedra necesita feitos e non que lle lembren as promesas incumpridas.

20160908-reunionfedvecin%cc%83os

Hoxe pola tarde, Patricia Vilán, María Pierrres e García Lores, membros da candidatura do PSdeG-PSOE ao Parlamento de Galicia,  mantiveron unha reunión cos representantes das Federacións Veciñais de Pontevedra  que  serviu para trasladarlles as propostas para o noso concello que van a defender os socialistas na vindeira lexislatura e, ao mesmo tempo, escoitar as súas achegas e inquedanzas..

“Chama moito a atención que Feijoo veña a Pontevedra a falar de promesas  cando a maioira das que propón xa foron debatidas no Parlamento a instancias do socialistas e o PP votou en contra”, ironizou a candidata socialista Patricia Vilán. “En todo caso, tivo oito anos para poñelas en marcha, así que a credibilidade do PP esta absolutamente caducada”, suliñou a candidata.

“A xestión do PP e de Nuñez Feijoo  resúmese en pretender vender como un éxito a ampliación de Montecelo despois de ter paralizado o proxecto durante sete anos. A única ampliación da que son tristemente responsables e á de darlle 60 anos mais a ENCE na nosa ría”, engadiu María Pierres.

Os socialistas comprometemos por escrito ante os representantes veciñais as propostas que se defenderon  no Parlamento durante os últimos catros anos. “Son propostas e compromisos feitos dende a sensatez, baseados nas demandas da cidadanía e absolutamente necesarios para o desenvolvemento futuro do noso concello”, indicou José Antonio García Lores. As propostas abarcan todos os eidos da xestión autonómica, dende a política social ata as infraestruturas, pasando por sanidade, educación ou medio ambiente.

“Nestes sete anos Pontevedra ven acumulando unha débeda histórica. O PP utilizou os orzamentos sempre con criterios partidistas e literalmente borrou a nosa cidade das súas prioridades. Os socialistas sabemos que o futuro goberno galego presidido por un socialista, terá que facer un esforzo importante por recuperar o tempo perdido”, dixo Patricia Vilán quen engadiu: “que non dubiden os pontevedreses e pontevedresas que haberá un acortamento moi importante dos prazos fixados para ampliación de Montecelo. Non esperaremos seis anos máis para dispoñer do hospital publico que nos merecemos”.

Ao longo da reunión fóronse desgranando os compromisos socialistas que abranguen dende un compromiso coa mellora e mantemento dos colexios públicos ata o impulso a unha mesa de traballo con todas as administracións para o traslado de ENCE fora da ría, pasando polo arranxo da estrada de Vilagarcía, a ampliación do Campiño, a execución de novas infraestruturas deportivas ou plans específicos para diversas zonas da cidade (Monteporreiro, Castañal, Mollavao…).

“A nosa forma de entender a política é mediante unha comunicación fluída cos representantes veciñais. Iso é o que vimos facendo e  ese é tamén o noso compromiso cando gobernemos a partir do 25 de setembro”, apostillou María Pierres ao termo da reunión.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services