Poñer en valor o noso monte dende o punto de vista medioambiental e económico.

20160915-fotos-declaracion-forestal

“A última e desastrosa vaga de lumes puxo de manifesto que a política forestal do goberno de Feijoo limítase a esperar que chova o suficiente para que non ardan os montes”, indicou hoxe María Pierres, candidata socialista ao Parlamento galego, despois de visitar algunhas  das zonas queimadas do noso concello, acompañada de representantes das comunidades de montes.

“A política forestal haina que tomar moi en serio. Hai que planificar e ter unha idea clara do que queremos para un sector vital para Galicia, non só dende o punto de vista medio ambiental senón tamén económico”.

Os incendios forestais son o principal problema ambiental de Galicia e a principal limitación para o sector forestal. O lume é un síntoma de gran número de problemas que afectan nos últimos anos a gran parte do rural galego, e obriga a mellorar a política forestal de prevención e os medios de extinción.

A candidata socialista desgranou as preincipais medidas de choque que o goberno presidido por Xoaquín F.Leiceaga porá en marcha en materia forestal:

  • Construir unha cultura forestal integrada no noso marco rural que dignifique ao monte e sobre todo ás Comunidades de montes. Para elo temos que promover puntos de encontro entre a sociedade e o sector forestal, tales como feiras, congresos, ou campañas de divulgación nos centros educativos.
  • Implementar fórmulas de xestión pública acordes co seculo XXI, estables e con obxectivos claros que permitan protexer mellor o monte e rentabilizar a súa explotación racional.
  • Apostar por un mercado máis transparente mediante a creación da figura do taxador forestal e dunha rede homologada de taxadores, que se completaría co impulso de lonxas comarcais de aproveitamentos do monte.
  • Creación da marca “Madeira de Galicia” para a comercialización, baixo ese logo, daquelas madeiras que reúnan unhas determinadas condicións, o que melloraría a imaxe da materia prima producida no noso país.
  • Impulsar a creación de novas industrias forestais vinculadas á potencialidade do monte, especialmente as vinculadas ás segundas transformacións e ás novas oportunidades de mercado (bioeconomía, biorrefinería, biocombustibles, produtos non-madeireiros vinculados á saúde, decoración, servizos ambientais…).
  • Apostar de forma decidida pola innovación, diversificación e internacionalización de toda a cadea monte-industria.

Pierres finalizou dicindo que  “é necesaria unha nova Lei de Montes Veciñais en Man Común de Galicia e un Plan de Xestión do conxunto e de cada un deses Montes integrado coa planificación forestal e o plan de desenvolvemento rural de Galicia”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services