Quitar o cartel de SE VENDE da sanidade pública galega. Eliminar o copago a 650.000 pensionistas.

cerceda-patri-leiceaga-pedro

O Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sánchez, desembarcou onte en Cerceda para apoiar ao noso candidato á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga.

A primeira aparición de Pedro Sánchez na campaña galega na que pensa volcarse, para así contribuir a que “a resposta nova” dos socialistas sexa unha realidade en Galicia o vindeiro 25-S.

“Hai que quitar o cartel de SE VENDE da sanidade pública galega”, esta foi unha das rotundas mensaxes que deixou Sánchez na súa intervención. Unha frase que na provincia e no concello de Pontevedra comprendemos perfectamente cando vemos o caso do Hospital Álvaro Cunqueiro ou o máis próximo de Montecelo.

O compromiso de Leiceaga non foi menor. O candidato socialista comprometeu a supresión do copago farmacéutico para os 650.000 xubilados con pensiónes inferiores aos 18.000 euros ao ano. A medida representa un custe de 65 millóns de euros, unha cantidad que, ao seu xuízo, pódese asumir perfectamente.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services