Parabéns Carlota!
A Orden do Caldo de Mourente e a Federación Provincial de Comercio rendiron o pasado sábado unha homenaxe a nosa compañeira e concelleira socialista de Turismo e Comercio, Carlota Román. O Diploma da Festa do Caldo, coa súa correspondente medalla, e un Diploma da Federación de Comercio foron os agasallos recibidos pola concelleira socialista no transcurso da cea na que tivo lugar o acto.
Dende a Agrupación Municipal Socialista mandámolle a Carlota unha forte aperta e unha chea de bicos e sumámonos ao recoñecemento do estraordinario labor feito na súa concellería durante estes catro anos.