Os socialistas propoñemos melloras para o barrio de Mollavao

Nos últimos anos un dos barrios da nosa cidade que máis atención ven reclamando, polo seu estado de abandono, é o de Mollavao; razón pola cal a Executiva Local e o candidato a alcaldía, Tino Fernández, ven tendo reunións cos veciños do lugar para recoller as súas inquedanzas e necesidades, de tal xeito que se poida facer unha proposta seria e real de mellora do barrio. Un proxecto de recuperación que os socialistas recollimos en diversas medidas que, nunha nova visita a Mollavao, comentamos cos veciños, aproveitando tamén para sumar novas iniciativas que fagan avanzar o seu desenvolvemento, acorde co centro da cidade, evitando a existencia de veciños de primeira e de terceira.

Algunhas destas propostas para o barrio de Mollavao son:

– Un Plan de actuación integral sobre os espazos públicos do barrio.

– A mellora da limpeza do barrio, con máis contedores de lixo, substitución dos deteriorados e limpeza da maleza que invade as beirarrúas.

– A esixencia de limpeza das fincas particulares, que empobrecen a imaxe do barrio.

– O acondicionamento e mellora dos espazos deportivos baixo a ponte da Autoestrada.

– Estudar co Ministerio de Fomento a adopción de solucións que permitan reducir o ruído provocado polo paso de vehículos sobre a ponte da AP-9.

– Habilitar prazas de servizos no aparcamento situado fronte ó centro de Saúde de Mollavao, especialmente aqueles con mobilidade reducida.

– A creación dun aparcamento disuasorio, tan necesarios na cidade, na parcela do antigo depósito do guindastre municipal.

– Mellorar a seguridade no barrio, incrementando a presenza da Policía Local sobre todo ás horas de entrada e saída do colexio.

– Instar á Xunta de Galicia á cesión do vial ó Concello, como mínimo, entre as interseccións coas rúas Manuel del Palacio (Campolongo) e Camelias (Pontemuíños). Nos treitos obxecto de cesión, o Goberno galego deberá amañar, previamente, as eivas que a estrada poda ter na actualidade.

– A mellorar da mobilidade peonil e ciclista en toda a rúa, instalando, como mínimo, pasos sobreelevados que reduzan a velocidade máxima real a 30 km/h, así como ensanchando as beirarrúas.

– A creación de novos espazos que permitan a mobilidade sostible, en condicións de seguridade, entre a rúa Manuel del Palacio e Estribela.

– Solicitar da Xunta de Galicia autorización para executar obras de calmado do tráfico de xeito inmediato.

Medidas de xustiza nun barrio que tamén é Pontevedra, porque Pontevedra é da xente, da xente que quere progresar.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services