OS SOCIALISTAS INSTAN AOS MEMBROS DA CORPORACIÓN A UNIRSE AS NOTIFICACIÓNS DIXITAIS

NOTA DE PRENSA

“Necesitamos participar na axilización e simplificación das xestións” indicou o concelleiro Iván Puentes tras presentar unha moción en nome do Grupo do PSdeG-PSOE para aplicar as notificacións electrónicas dos Plenos e comisións a aqueles concelleiros/as que voluntariamente o desexen.

“Non é de recibo que os funcionarios invistan parte do seu tempo localizando aos concelleiros e concelleiras para entregarlles unha notificación cando hoxe as novas tecnoloxías permiten facelo dun xeito moito mais áxil e con total seguridade”, afirmou o concelleiro socialista.

Son diversas as modificacións normativas que se teñen aprobado nos últimos anos a fin de darlle pulo á administración electrónica, froito do cal son xa numerosos os trámites ante diferentes administracións que unicamente se poden levar a cabo de xeito telemático. Isto supón, sen dúbida, un aforro de papel, unha máis áxil xestión dos trámites administrativos.

Sen embargo a día de hoxe o R.O.F. (Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais), un Real Decreto do ano 1986, segue a establecer o xeito no que os concelleiros e concelleiras debemos ser notificados da convocatoria dos órganos colexiados do Concello, fisicamente e mediante convocatoria en papel. Un trámite que resulta anacrónico e pouco ecolóxico polo que supón de uso de papel.

Hoxe existen multitude de métodos que permiten dar fe telemática da recepción dunha notificación, que deberían substituír a comunicación física e en papel. “En todo caso, mentres non se modifique o ROF o que si podemos facer os concelleiros e concelleiras e renunciar voluntariamente ao noso dereito a ser notificados fisicamente e solicitar que dita comunicación sexa feita por medios electrónicos” indicou o socialista Iván Puentes.

A proposta socialista consiste en instar ao Goberno Municipal a activar, de acordo coa Secretaría Xeral, un procedemento que permita a aqueles concelleiros e concelleiras que voluntariamente así o desexen renunciar á notificación física e en papel da convocatoria das sesións das comisións informativas e do Pleno do Concello, optando pola notificación dixital das mesmas.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2017

Asdo: Grupo Municipal Socialista

Moción GM PSdeG-PSOE notificación dixital

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services