Os socialistas instan ao goberno de Lores a realizar melloras no barrio de Mollabao

WhatsApp Image 2017-01-23 at 21.07.08“A menos de un kilometro da igrexa da Peregrina danse situacións case terceiromundistas”. Así se expresou o concelleiro de PSOE Iván Puentes tras presentar unha Moción esixindo ao goberno do BNG que actúe de forma inmediata no Barrio de Mollabao.

“Fai uns días fomos invitados polos veciños e veciñas a visitar o Barrio. Non acudiu ningún representante do goberno. E iso que hai 8 liberados, 5 contratados de confianza e 1 director xeral. Ese é o respecto que teñen polos cidadáns”.

Os veciños do Barrio queixasen do abandono no que viven. “Algún deles manifestou en tono irónico que seria bo que aos que nos dan premios lles ensinasen tamén o estado das beirarrúas ou das pistas deportivas en Mollabao”.

A xestión do goberno esta profundamente desequilibrada. Hai unha sobreinversion nas rúas do centro e un abandono da periferia. “Non é moi xustificable gastarse mais de 60.000 euros en asfaltar de cor vermello unha rúa do centro e non investir ni un euro en adecentar as beirarrúas de Mollabao”, indicou o concelleiro socialista.

Na Moción presentada os socialistas instan ao goberno municipal a elaborar un plan de actuación integral sobre os espazos públicos do barrio. “Hai que mellorar a limpeza ds beirarrúas. O numero de contedores de lixo é insuficiente e non se actúa  sobre os propietarios de fincas que están absolutamente abandonadas”, afirmou Iván Puentes.

Outra das cuestións nas que inciden os socialistas e na recuperación dos espazos deportivos situados baixo a ponte da autoestrada. “O seu estado é lastimoso”.

Os veciños tamén se queixan do excesivo ruído que produce o paso dos vehículos pola ponte da autoestrada. “Seria bo que o concello fixese algunha xestion ante o ministerio de fomento para estudar algunha medida que poida reducir o nivel de molestia para o vecindario”.

A Proposta dos socialistas inclúe tamén habilitar prazas de aparcamento  identificadas como de servizos que permitan  deixar aos doentes na Casa do Mar ,sobre todo aos de mobilidade reducida. Tamén  insisten en incrementar a presencia da Policía Local pola zona sobre todo á hora de entrada e saída do colexio.

Outra cuestión importante seria a recuperación da antiga parcela do guindastre como aparcamento disuasorio. “Non estamos sobrados de prazas de aparcamento e  a situación desa parcela é moi boa para ese fin” valorou o concelleiro socialista.

A mellora da mobilidade peonil ciclista por toda a PO-546 con instalacion de elementos redutores de velocidade é outra das peticións contidas na Moción socialista

Por ultimo, os Socialistas  esixen ao goberno que negocie en serio coa Xunta  a cesion do vial, como mínimo entre as rúas Manuel del Palacio e Camelias (Pontemuiños). “Mentres BNG e PP se culpan mutuamente, teñen escusa para non facer nada e as consecuencias as pagan os veciños e veciñas de Mollabao”, finalizou dicindo Iván Puentes.

Pontevedra, 23 xaneiro 2017

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services