OS SOCIALISTAS INSTAN AO CONCELLO A QUE SE POSICIONE SOBRE OS USOS DO PAZO DE LOURIZAN

NOTA DE PRENSA

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE ven de presentar unha moción para que o concello inste á Deputación a manter o uso publico do Pazo de Lourizan e impedir a posibilidade de que sexa utilizado por ENCE con fins privados.

“Hai silencios difíciles de comprender. Que o alcalde da cidade estea calado ante a posibilidade de que Xunta e Deputación pacten un posible uso futuro por parte de ENCE das instalacións do Pazo de Lourizan é para estar intranquilo” afirmou Tino Fernández, portavoz do PSOE no concello de Pontevedra

Pazo Lourizan

O Pazo de Lourizán, propiedade da Deputación, ven sendo utilizado pola Xunta de Galicia mediante un convenio que remata no ano 2021. A Xunta acaba de poñer sobre a mesa a posibilidade de que ENCE financia as obras necesarias a cambio do seu uso con fins privados.

“Aos socialistas esta opción nos parece inaceptable. O Pazo debe seguir a ter un uso absolutamente público” sinalou Fernández.

Ante a próxima reunión prevista entre a Presidenta da Deputación e o Vicepresidente da Xunta para falar do futuro do Pazo, os Socialistas entenden que o alcalde da cidade debe trasladar o interese municipal polo mantemento do conxunto como espazo publico a todos os niveis.

A preocupación xurde tras unhas declaracións do vicepresidente da Deputación e concelleiro do BNG no concello de Pontevedra nas que manifesta que a Deputación non porá problemas á Xunta para que ceda a ENCE o Pazo de Lourizán.

“Son unhas declaracións fora de lugar porque o Vicepresidente non ostenta as competencias en materia de Patrimonio. Ao noso xuízo extralimitase cando as fai”

“Ao mesmo tempo son moi preocupantes porque indican un posicionamento do BNG que os Socialistas non podemos compartir” sostivo Tino Fernández.

A preocupación dos Socialistas polo futuro uso do Pazo é compartida por outros colectivos tanto ecoloxistas como veciñais que xa manifestaron a súa posición contraria a una futura cesión a ENCE.

“ O goberno do BNG vive na desorganización Non se entende moi ben opoñerse á compra de vontades da empresa a través das supostas axudas a entidades sociais e ao mesmo tempo aceptar que poida usar un espazo público con fins empresariais. É unha clara contradición que esperamos que sexa aclarada polo Alcalde”

A moción presentada polo PSOE propón ao concello que inste á Deputación Provincial a manter o uso público do Pazo de Lourizan, non aceptando durante a vixencia do actual convenio coa Administración Autonómica ningún xeito de aproveitamento privativo por parte de particulares ou empresas privadas e de se-lo caso, na renovación do Convenio coa Xunta de Galicia, se introduzan as cláusulas oportunas para garantir que manterá tanto a titularidade como un uso público sen posibilidade de cesión a ningún particular ou empresa.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2017

Grupo Municipal Socialista

Moción GM PSdeG-PSOE Pazo de Lourizan

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services