Implementaremos unha Axenda de Urxencia que paralice os efectos perniciosos da LOMCE.

20160912-reparto-educacion“Feijóo ostenta a dubidosa honra de ser quen iniciou en este país os grandes recortes na educación pública. Recordemos que o seu primeir paso como Presidente da Xunta foi eliminar a gratuidade dos libros de texto conseguida polo goberno socialista de Touriño. A continuación viñeron os grandes recortes no orzamento educativo e a supresión de perto de 3.000 prazas de docentes no ensino público”, afrirmou hoxe a candidata socialista Patricia Vilán.

Para os socialistas, Feijóo foi o precursor avantaxado do nefasto ministro Wert. Xa que logo, non resulta estrano que aplaudira efusivamente todas as medidas que dende o goberno de Rajoy se implementaron en contra do sistema educativo público.

O Partido Popular conxuga Excelencia con Exclusión, namentras os socialistas conxugamos Excelencia con Inclusión, apostando por un sistema educativo para todos e todas”, seguiu dicindo a candidata socialista. O Partido Popular quebrou o maior logro do noso sistema educativo, a EQUIDADE, un parámetro no que o noso país estaba a cabeza de Europa.

Os socialistas entendemos que un Sistema Educativo de Calidade ten que apoiarse ao mesmo tempo na Excelencia e na Equidade, xa que “Excelencia sen Equidade só conduce ao Elitismo, que é o modelo do Partido Popular”.

“Estamos hoxe no campus de Pontevedra e o alumnado universitario ben sabe a que nos referimos. O Partido Popular eliminou as becas como dereito, endureceu as condicións para poder conseguilas e, en tempos de crise, reduciu as becas en máis de mil euros a cada estudante”, remarcou Patricia Vilán.

 O goberno Feijóo foi quen de aplaudir a rabiar nas Conferencias Sectoriales a nefasta LOMCE de Wert, unha lei imposta contra toda a comunidade educativa. Feijóo é cómplice dunhas reválidas que pretenden impor novas barreiras aos estudantes. Unhas reválidas que no seu día foran eliminadas por un ministro franquista, Villar Palasí, quen advertía no ano 1970 que había que acabar “cunhas probas que provocaban que de cada 100 alumnos, só 27 pasaran a Bacharelato e únicamente 3 accederan á universidade”.

Co esforzo de toda a sociedade conseguimos pasar dese 3% a superar o 40% e situámonos en cifras semellantes ás dos países do noso entorno, pero isto semella non agradarlle a Feijóo.

Patricia Vilán acabou dicindo que “ e elaboraremos un Libro Branco do Sistema Educativo Galego, realizado por expertos independentes do goberno, que sirva de base para un gran proceso de participación democrática e debate da sociedade galega, nomeadamente da comunidade educativa, que remate nunha Lei Galega de Educación”.

Por certo, respecto das Ensinanzas Artísticas Superiores e, concretamente, da Escola de Restauración de Pontevedra, “promoveremos a súa incorporación ao Sistema Universitario de Galicia a través dun período de adscripción, que virá acompañado do necesario plan de financiamento”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services