OS SOCIALISTAS ESIXEN MELLORAS EN CAMPOLONGO SUR

NOTA DE PRENSA

“Apenas a cinco minutos do centro atopamos situacións terceiro mundistas. Este non é o noso modelo de concello” Así de rotundo manifestouse o portavoz do PSdeG-PSOE, Tino Fernández

“Calquera modelo que se queira desenrolar ten que servir para equilibrar o centro e a periferia e non para manter as diferencias. O goberno do BNG non está a tratar con xustiza aos Barrios.”

 Os socialistas poñen como exemplo da dobre vara de medir do goberno de Lores a zona denominada Campolongo Sur. Cun importante incremento da poboación e sen melloras nos servizos e na atención as necesidades case endémicas do Barrio.

“Dende que se actuou no mandato pasado no Barrio de Fontesanta, o goberno non volveu a realizar ningún proxecto na zona. E aínda queda moito por facer” asegurou Fernández

Os Socialistas veñen de recoller as queixas dos veciños polo estado de abandono do Barrio.

Os espazos públicos están a monte, e non se toman medida algunha para esixir a limpeza das fincas privadas. O resultado é a maleza invadindo rúas e beirarrúas. “Un aspecto lamentable”

Os socialistas solicitan un plan de acción inmediata na zona. “Non é de recibo que se malgasten 60.000 en Cruz Gallastegui nunha obra que foi unha chapuza e que non haxa previsións para zonas como Campolongo Sur, onde hai lugares que non teñen nin recollida de pluviais”

O Portavoz Socialista insistiu na parálise que atenaza a este goberno e que afecta principalmente aos barrios e parroquias. “Os proxectos non saen adiante, se traballa sobre anuncios en prensa e powerpoints que logo non se plasman en obras, porque a triste realidade é que este goberno deixou de funcionar como o demostra que mais do 50% do orzamento de inversións do 2016 quedara sen executar: Iso solo ocorre cando un goberno entra en fase de decadencia”

Pontevedra,6 de xullo de 2017

 

Asdo: Grupo Municipal Socialista

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services