OS SOCIALISTAS DENUNCIAN A SITUACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS EN MONTEPORREIRO.

NOTA DE PRENSA

“As profesionais fan un esforzo descomunal para garantir unha atención adecuada. Pero a situación vaise deteriorando. Os socialistas facemos responsable directo disto ao Alcalde e por extensión á concelleira que designou para xestionar a Política Social” manifestou hoxe Paloma Castro, concelleira do PSdeG-PSOE tras presentar unha moción na que esixe mais medios humanos para atender as necesidades de Monteporreiro e uns locais mais adecuados.

Dende que no ano 2011 o BNG se fixo cargo da área, asistimos a unha erosión imparable das políticas sociais publicas, froito do absoluto desinterese do Alcalde e dunha xestión caótica e incoherente da concelleira responsable.

Un exemplo dese  desinterese é o barrio de Monteporreiro. Neste Barrio creouse no seu momento unha Unidade de Atención  especifica dado o alto volume de asuntos e persoas que reclamaban e reclaman a intervención dos Servizos Sociais públicos. Estes servizos, lonxe de mellorar nestes últimos anos nos que atravesamos a maior crise social da historia recente, foron vendo como se minguaba a súa dotación e non se atendían as necesidades que  se indican polas propias traballadoras da  área de Servizos Sociais.

Para a atención de todo o Barrio, Monteporreiro conta con dúas traballadoras  sociais a tempo parcial que cobren a xornada de unha ( 75% e 25%).  Con eses medios humanos durante o ano 2016  xestionáronse mais de 1.100 citas de atención.

É tal o volume de traballo que a día 25 de xaneiro deste ano, a primeira data dispoñible para asignación de cita era nun caso  o día 8 de marzo (traballadora ao 25% de xornada) e o 22 de febreiro (traballadora ao75% de xornada). “Inadmisible. Intolerable que a xente con necesidades profundas teña que espera  un mes no mellor dos casos para ser atendida. Hai moito corazón de pedra no goberno do BNG” criticou Paloma  Castro.

Para os Socialistas, Pontevedra é  moito mais que  un premio en Hong Kong. “Pontevedra son as persoas, somos cada un de nos. E o concello ten unha obriga de facer a vida mais sinxela sobre todo a aqueles que mais están a padecer a crise. Ese é o noso modelo de cidade”

O modelo de cidade non é  solo exhibir  unhas fotos das rúas e beirarrúas ou colocar mais ou menos  lombos. “O modelo de cidade que propoñemos os Socialistas pon no centro da política atender as necesidades da xente, sobre todo  daquela que mais necesita ao poderes públicos. E facelo con dilixencia. E para iso necesitase investir mais nas persoas e menos nas exposicións de fotografía para autobombo.” finalizou dicindo Paloma  Castro

Pontevedra, 31 de  xaneiro 2017

 

Moción GM PSdeG-PSOE servicios sociais Monteporreiro

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services