Os e as socialistas de Pontevedra co colectivo LGTBI

Este venres 28, a Agrupación Socialista de Pontevedra fixo seu o lema do día do Orgullo LGBT, baixo o lema “Por 50 anos máis de loita”, recordando así  o aniversario dos disturbios de Stonewall en New York, punto de partida do colectivo na súa loita polas reivindicacións da plena igualdade de dereitos. Con esta reivindicación, Pontevedra sumouse este ano a estes actos reivindicativos elaborando un programa que comezou cunha concentración na Praza de a Peregrina, na que se leu o manifesto coas reclamacións do colectivo.

A continuación, a manifestación marchou cara o Campiño de Santa María para continuar con actos de carácter máis festivo. Alí se celebrou un “maripicnic”, no que participaron moitos compañeiros e compañeiras da agrupación, entre eles, como non podía ser doutra maneira, a concelleira socialista de Igualdade, que apoio en todo momento, dende o Concello, as actividades e accións levadas a cabo. Precisamente, coa colaboración do Concello, a asociación Avance buscou que esta celebración do Orgullo fora unha cinta que se fora consolidando no calendario da cidade, como xa o son outros actos relacionados co colectivo, como o FLOP Cinema, o FLOP Festival ou o programa municipal Pinto e Maragota.

Unha das principais demandas do colectivo este ano centráronse na mellora da calidade de vida das persoas trans, normalizando a diversidade e despatoloxizando ao colectivo. Entre os demais problemas que afectan ás persoas LGBTI atópanse tamén a maior incidencia do acoso escolar ou os delitos de odio.

Outro dos asuntos que estivo de actualidade no día do Orgullo de 2019 foron os pactos de Ciudadanos e PP co partido de extrema dereita Vox. Neste senso, a entrada da nova formación nas institucións preocupa ao colectivo, que teme perder dereitos.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services