Os/as socialistas de Pontevedra celebran o Orgullo 2018

 Os/as socialistas de Pontevedra celebran o día mundial do orgullo LGTBI cunha xornada reivindicativa na que repasan o nulo cumprimento por parte do Goberno Galego da Lei de Identidade de Xénero e Igualdade Sexual de Galicia, unha iniciativa do PSdeG aprobada na anterior lexislatura.

O acto, aberto á cidadanía, que terá lugar o vindeiro mércores, 27 de xuño, ás 20:00 na sede socialista, contará coa intervención de Silvia Fraga, ex deputada socialista e redactora da Lei e máis coa de Ada Otero, Licenciada en Dereito e activista trans.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services