O tenente de alcalde socialista co Deporte e cos veciños de A Parda e Monteporreiro.

O concelleiro socialista de Deportes e Tenente de Alcalde, Tino Fernández, actuou  este fin de semana, en representación do concello, na segunda edición do trofeo “Entre Pontes”, promovida pola Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra. Un evento que foi presentado o venres por Tino, quen indicou que “queremos que se repita o éxito do ano pasado porque o piragüismo é un deporte estratéxico para Pontevedra”. Éxito que se deu, coa participación de máis de 500 palistas.

O domingo tivo lugar a celebración do trofeo, que se iniciou ás 16 horas, por causa das mareas, centralizada no peirao de As Corbaceiras, onde se atopou a saída e a meta. Se trata dunha cita de carácter autonómico, con 36 equipos de distintos lugares de Galicia, co que se busca promover o deporte de base galego. O presidente da Federación Galega, Fredi Bea, eloxiou ó Concello de Pontevedra pola súa aposta polo deporte, así como se mostrou encantado dos bos resultados que se obtiveron. As probas se alongaron ata pasadas as 20:30 horas, contaron este ano cunha maior espectacularidade grazas ó cambio do circuíto.

Con anterioridade, o xoves, o compañeiro Tino xa acompañara os veciños de Monteporreiro, un barrio moi querido polo noso Partido, no trofeo de petanca do barrio, promovendo a práctica do deporte en tódolos ámbitos.  Tino Fernández tranquilizou ós veciños de A Parda, asegurando o mantemento de zonas de aparcamento na zona.

Xa este luns, o Tenente de alcalde socialista lanzou unha mensaxe de tranquilidade ós veciños de A Parda, preocupados pola futura eliminación do actual aparcamento disuasorio de Juan Carlos I, cuxos terreos serán utilizados para a construción dunha nova residencia de maiores, asegurando que os socialistas “faremos o noso traballo”, e dende o Concello se compensará a futura perda de prazas de estacionamento na zona, pois “é necesario mellorar a bolsa de aparcamentos na cidade”, como defendemos no noso programa, resultando ser unha das medidas que se incluíron no pacto de goberno asinado co BNG.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services