O Tenente de alcalde e concelleiro socialista de Deportes, Tino Fernández, presenta a IX edición do “Campus Davor Cutura”

O Tenente de alcalde e concelleiro socialista de deportes, Tino Fernández, presentou este xoves 27 de xuño a novena edición do “Campus Davor Cutura”, unha experiencia que, como o noso compañeiro manifestou, comezou fai 9 anos, precisamente sendo el concelleiro de Deportes, con moita modestia, estudando as posibilidades de crecemento e se había mercado, xa que por aquel entón, no 2011, xa se considerara que había un oco que encher no mundo do balonmán pontevedrés, e que podería achegar o deporte máis significativo da cidade ás necesidades dos rapaces e rapazas. Visto o resultado a iniciativa impulsada daquela polos socialistas foi un acerto.

Este ano participarán no Campus, que tamén contará con actividades diversas e outros deportes (surf, paintball, etc.), unindo o deporte coa diversión, máis dun centenar de nenos e nenas chegados de diversos lugares de España e do estranxeiro. A IX edición terá lugar entre o 29 de xuño e o 6 de xullo no Colexio “Los Sauces”, e contará con xogadores e adestradores de primeiro nivel. No acto tamén participaron o Director do Campus, Davor Cutura, e o Director do Colexio “Los Sauces”, Manuel Casal.

Vídeo da presentación

Ese mesmo día Tino Fernández, como alcalde en funcións, xunto á edil Gloria “Yoya” Blanco, non deixaron de acompañar e apoiar ós veciños de Verducido, entre os que se atopaba o compañeiro Marcos Rey, na súa reclamación de manter unha profesora e unha aula para o próximo curso que a Consellería de Educación quere quitarlles, pois os pais se queixan de que a Xunta leva anos intentando pechar o colexio, redundando no abandono do rural. Na protesta estiveron boa parte dos veciños da parroquia, que manifestaron que a Xunta “vai en contra da defensa da escola pública e rural”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services