O PSdeG-PSOE pide información ao Concello sobre o Plan de Compostaxe

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ten solicitado por escrito ao goberno local pontevedrés poder acceder á documentación do Plan de Compostaxe, co obxecto de poder realizar unha análise da mesma. Asímesmo, solicitan que se convoque a Comisión Específica para poder debatir este tema.

En palabras dos nosos concelleiros, “somos partidarios da recollida selectiva e da aplicación de métodos de compostaxe alí onde sexa posible”, pero sinalan que “tamén somos partidarios de facelo en base a estudios rigorosos que nos indiquen a folla de ruta a seguir, non a golpe da ocurrencia do concelleiro de turno”.

Para o Grupo Municipal Socialista o sistema de compostaxe “é a crónica dunha chapuza moi ben publicitada” e recordan que levan un ano esperando a que por parte do goberno do BNG se lles informe da folla de ruta e faciliten os estudios e informes necesarios para a súa implantación, como un Plan de Viabilidade, un Estudio Económico-Financieiro sobre os custes da implantación da compostaxe e a súa repercusión no recibo do lixo, o destino final do compost unha vez consolidado o sistema en todo o territorio municipal, ls custes laborais actuais e de futuro ou o destino dos terreos alugados na Canicouva.

Ademais piden datos “fiables” sobre o número de toneladas compostadas, a cantidade de compost elaborado ou a certificación da calidade do mesmo por organismo competente.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services