O PSdeG-PSOE presenta unha moción no concello para a creación de novos vestiarios no campo de fútbol de Pontesampaio

v6O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, ao abeiro do disposto na lexislación vixente e particularmente nos artigos 67 letra c); 117 letra a) e 118 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións, presenta para o seu debate e votación no Pleno do Concello de Pontevedra a seguinte moción, en relación ao estado dos vestiarios do campo de fútbol de Pontesampaio

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

No conxunto dos territorios que forman o concello de Pontevedra, Pontesampaio presenta unha serie de singularidades propias que a fan diferente ao resto das Parroquias.

Unha desas singularidades é sen dubida, ser  o núcleo de poboación mais aloxado do casco urban, o que ten as súas repercusións na calidade de vida dos seus habitantes e que debe  facer que o goberno municipal lle dedique unha atención especifica.

Dentro desas características especiais, destaca o relacionado coa practica do deporte e nomeadamente co deporte base, no que destacan o  piragüismo (av5_1proveitando o  rio Verdugo) e o fútbol.

Con respecto a este ultimo, o equipo da Parroquia ven  desenrolando unha importante actividade formativa e na actualidade conta con 8 equipos  de base para un total de 110 nenos e nenas. Como se pode apreciar, un enorme esforzo o que se está a facer nesa Parroquia.

As instalacións utilizadas para a práctica do fútbol consisten no campo de terra que ocupa  terreos de dominio público marítimo terrestre.

Xa dende o mandato pasado estase intentando  conseguir a desafectación dos terreos do campo (como xa se fixo cos adxacentes do colexio) para poder actuar sobre eles e dotar a Pontesampaio dunhas instalacións axeitadas ás necesidades. Este procedemento, que debe resolver o goberno do Estado, vai con moita lentitude.

En tanto, tras observar na prensa as queixas dos membros da escola de fútbol e tras unha visita aos vestiarios do recinto deportivo, permite constatar que se atopan  nunha situación moi deteriorada que en moitos casos impide o seu uso polos rapaces.

Latrinas hediondas, buracos na parede por onde entra choiva, frío, ratos e a mais variopinta bichería, paredes con perigo de derrube…

Basten como exemplo as fotos que se axuntan ou os comentarios dos voceiros do club acerca da imposibilidade de  utilización dos baños.

Ao Grupo Municipal do PSdeG-PSOE cónstalle que existe dende o mes de Marzo, una autorización por parte do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra para que o concello poida realizar O PROXECTO BÁSICO DE CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA EN PONTESAMPAIO.

 O que resulta incomprensible é que o proxecto presentado polo concello non contemple actuación algunha sobre os vestiarios. Non se explica esta deixades a pesares das peticións reiteradas do club e  de moitos pais e nais dos nenos/as dos equipos da base, cando ademais, a autorización permite ese tipo de actuacións si se presenta un anexo ao proxecto anteriormente citado.

Por todo elo, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

– O Pleno do concello insta ao Sr Alcalde a dar as instrucións oportunas para  elaborar con carácter de urxencia un proxecto de actuación sobre os vestiarios do campo de fútbol de Pontesampaio para a súa autorización polo Servizo Provincial de Costas co obxectivo de proceder a súa rehabilitación  integral.

Pontevedra, 26 de Decembro de 2016

Asdo: Grupo Municipal do PSdeG-PSOE

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services