O PSdeG-PSOE consegue facer máis sociais os orzamentos de Pontevedra

O socialismo pontevedrés, tras unhas duras negociacións, logrou mellorar os orzamentos do Concello de Pontevedra, dándolle un maior peso social ó mesmo.

Pese as discrepancias iniciais, causadas polo feito de que o BNG deseñara os orzamentos sen ter en conta a ningún grupo político e, principalmente, por non ter cumpridos tódolos acordos do ano pasado, xa que como comentou o noso portavoz, Tino Fernández, “para negociar se precisa vontade, algo que se demostra sacando adiante os proxectos doutros anos”, estas puideron vencerse unha vez que os nacionalistas aceptaron por en marcha os proxectos que permanecían pendentes.

Unha vez que o Goberno Municipal aceptou mellorar o grado de cumprimento do orzamento actual, que os socialistas considerábamos “insuficiente”, pois “non se pode chegar a acordos e logo non cumprilos”, incidiu o noso portavoz, deron comezo as negociacións entre ambas partes, cun resultado positivo para a cidade de Pontevedra, xa que as modificacións conseguidas polos socialistas deron lugar a un orzamento máis social e cun maior reequilibrio territorial entre os barrios e as parroquias e a améndoa central da cidade.

Entre as propostas socialistas que se incluirán no orzamento do Concello para o 2019 están:

  • Unha partida para o arranxo e acondicionamento das plantas que seguen sen uso no Centro Social Sur de 150.000 €, coa fin de cedelas a asociacións da cidade.
  • A creación dunha liña de subvencións para deportistas individuais de 35.000 €.
  • A mellora da seguridade viaria e calmado do tráfico na rúa Torre de Lérez.
  • A finalización da obra de mellora do pavimento, arcéns e calmado do tráfico na rúa Ruibal.
  • A solicitude de cesión do vial Avda. Compostela e actuacións para permeabilizar o acceso entre o campus de a Xunqueira e o Burgo e Lérez.
  • Un convenio coa Deputación de Pontevedra para a apertura dun vial dende Rosalía de Castro á autovía de Marín e impulsar a reforma urbana de Mollabao.
  • Unha rotonda en Monteporreiro, entre as rúas Grecia e Alemania.
  • Un incremento da partida para a negociación cos empregados do concello de 100.000 €.
  • O inicio do proceso para a desafección das vivendas situadas na cabeceira norte da Ponte do Burgo con destino a uso público.
  • Aumentar a partida para o coidado de animais rueiros.

Deste xeito, na votación do pasado venres 14 de decembro, os orzamentos do Concello de Pontevedra puideron saír adiante responsablemente grazas a abstención do PSdeG-PSOE, xa que como dixo o noso portavoz, “non gobernamos e non son os nosos orzamentos”, e coa abstención de Marea que, sen embargo, decidiu darlle a abstención ós orzamentos do BNG sen pedir nada a cambio, nunha actitude incomprensible como oposición.

De calquera xeito, Tino Fernández, recalcou que esperaba que o BNG espabilara e executara as contas para que Pontevedra avance ó ritmo que todos queremos, e aproveitou para reclamar bonificacións na viñeta, para os condutores de vehículos híbridos ou eléctricos, e máis melloras en políticas sociais e deportivas, como vimos reclamando.

Curiosamente, a única demanda que non aceptaron pactar os nacionalistas cos socialistas foi a utilización dunha parcela inutilizada do Concello como parking disuasorio con cabida para unhas 200 prazas, pese a ser un dos problemas máis comentados polos cidadáns. Algo que non se alcanza a entender se non é para beneficio dos aparcamentos privados.

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services