O novo tenente de alcalde da conta á Executiva dos acordos de goberno co BNG

O noso compañeiro, Tino Fernández, tenente de alcalde e portavoz do grupo socialista no Concello, trasladou este mércores, ós membros da Executiva municipal os excelentes resultados conseguidos nas negociacións para gobernar a cidade.

O acordo para os próximos catro anos e o reparto de competencias visibiliza a importancia do noso partido en Pontevedra, o permitirnos asumir áreas nas que xa temos experiencias previas moi positivas e que ademais forman parte do ADN do Partido Socialista, como Igualdade, Políticas Sociais, Medio Ambiente, Promoción Económica e Emprego.

No encontro da executiva, que tivo lugar na casa do pobo, recordouse que os pactos ós que se chegou co BNG nesta cidade teñen o aval da decisión adoptada no su día polo Comité Nacional Galego de facilitar gobernos de progreso. Así mesmo, a Executiva delegou no grupo municipal a facultade de chegar a acordos, sendo o resultado final moi satisfactorio.

O noso novo tenente de alcalde espera que, ó longo deste mandato, os cidadáns de Pontevedra poidan percibir que hai unha maneira de gobernar sensata, amable e aberta a todo o mundo.

A nosa secretaria xeral, Maica Larriba, destacou na reunión o resultado das eleccións, que demostrou que o traballo dos concelleiros socialistas no anterior mandato foi positivo. O incremento de votos pon de manifesto que as veciñas e veciños de Pontevedra consideran que o goberno local é mellor coa presenza do Partido Socialista, xa que aportamos estabilidade e novas ideas ó proxecto de cidade.

A nosa Secretaria Xeral tamén quixo agradecer a súa colaboración a tódolos militantes que se envorcaron co comité de campaña e que apoiaron, en todo momento, día a día, ó candidato. Agora ábrese un novo tempo para Pontevedra, no que os catro representantes socialistas no Concello van a ter un traballo moi intenso, para o cal precisarán todo o respaldo, tanto da executiva como da militancia socialista.

Na executiva municipal tamén se decidiu, como non podía ser doutra maneira, que o novo portavoz municipal do Partido de conta do pacto de goberno para el Concello de Pontevedra a toda a nosa militancia, nunha asemblea local da que se informara en próximas datas ós nosos compañeiros e compañeiras.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services