O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE pide que o Concello de Pontevedra asine o novo contrato de enerxía cun suministrador de renovables

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, ao abeiro do disposto na lexislación vixente e particularmente nos artigos 67 letra c); 117 letra a) e 118 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións, presenta para o seu debate e votación no Pleno do Concello de Pontevedra presenta para o seu debate e votación no Pleno do Concello de Pontevedra a seguinte moción, en relación á

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables é unha forma eficiente e limpa de xeración de enerxía, que reduce a emisión de gases de efecto invernadoiro e diminúe a dependencia enerxética, ademais de contribuír  ao cambio de modelo enerxético impulsado polas Convencións Internacionais e a Unión Europea.
O protocolo de Kioto da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático, estableceu unha serie de accións e medidas sobre o control do consumo de enerxía, a maior utilización das enerxías renovables, o aforro enerxético e a procura dunha maior eficiencia enerxética, que foron o punto inicial para o desenvolvemento das directivas europeas.

O cambio climático obríganos a facer o que en calquera caso había que facer: encamiñar o modelo enerxético cara a unha maior sostibilidade.
Segundo a directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables “o control do consumo de enerxía e a maior utilización de fontes de enerxía renovable son fundamentais para loitar contra o cambio climático”.

Segundo o obxectivo europeo para o ano 2030 (Horizonte 2030) a porcentaxe de enerxías renovables deberá cubrir un 27 por cento do consumo total de enerxía.
Na lexislación española, a Lei 2/2011 de 4 de marzo, de Enerxía Sostible no eu art 85, relativo ao aforro enerxético das administracións públicas, establece que “Todas as administracións públicas, no exercicio das súas respectivas competencias, incorporarán os principios de aforro e eficiencia enerxética e de utilización de fontes de enerxía renovables entre os principios xerais da súa actuación e nos seus procedementos de contratación”.
O desenvolvemento das fontes renovables de enerxía ten que  ser un dos aspectos craves da política enerxética nacional, tanto pola súa contribución á redución das emisións de gases efecto invernadoiro, como polo efecto que teñen no balance enerxético, diminuíndo a dependencia de produtos petrolíferos e promovendo recursos autóctonos.
O Concello de Pontevedra no seu compromiso co desenvolvemento sostible e responsable cos recursos naturais, debe tender a que o consumo enerxético das súas instalacións proceda exclusivamente de fontes renovables, como están facendo outras entidades locais do país, e a implementar medidas de aforro e eficiencia enerxética.
ACORDOS

– O Pleno da Corporación  insta ao grupo de goberno a

1.-  Contratar de forma progresiva a distribución de enerxía eléctrica para todas as súas instalacións, con algunha das comercializadoras que ofrecen de forma única unha prestación do servizo eléctrico co 100% de enerxía de orixe renovable. Igualmente, estudará a conveniencia da contratación do subministro eléctrico cun único  provedor ou a través de varios lotes de menor tamaño.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services