O EMISARIO PARA VERQUIDOS DE ENCE QUE FOI AUTORIZADO POLA XUNTA “INCUMPRE A LEXISLACIÓN VIXENTE”

NOTA DE PRENSA

AUGAS DE GALICIA RECOÑECE QUE O EMISARIO PARA VERQUIDOS DE ENCE QUE FOI AUTORIZADO POLA XUNTA “INCUMPRE A LEXISLACIÓN VIXENTE”                                                                     

Patricia Vilán denunciou en comisión parlamentaria que a instalación foi concedida e renovada sen o preceptivo permiso de concesión do Ministerio

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 17. A portavoz de Medio Ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, denunciou en comisión parlamentaria que o emisario submarino de verquidos de Ence que foi autorizado pola Xunta hai máis de 20 anos e renovado polo propio goberno galego en 2003 carece do permiso de concesión para a ocupación de dominio público por parte do Ministerio. Este permiso do goberno de España é preceptivo e ten que ser previo á autorización, polo que a instalación incumpre a normativa. “A instalación foi renovada sabendo que vostedes conculcaban a lexislación vixente”, denunciou a socialista

Vilán lembrou que xa un informe de 1991 recollía a necesidade desta autorización previa, e que as accións do movemento asociativo acabaron cunha sentenza da Audiencia Nacional, ratificada en 2014 polo Tribunal Supremo, na que se ratificaba o incumprimento da legalidade desta instalación pola que se verten contaminantes á Ría de Pontevedra. “Acaba de dicir que está en proceso de regulación, o que quere dicir que non tiñan autorización e que o emisario non está nunha situación conforme á legalidade”, reprochou Vilán tras o recoñecemento por parte do representante de Augas de Galicia de que a situación está en proceso de resolverse.

A socialista replicou que a lexislación obriga a esta autorización desde o comezo, e non desde hai 15 anos como sostivo o representante deste ente, e lamentou que desde hai máis de seis meses os informes estean parados, a pesar da afirmación de que a actual situación está en proceso de ser regulada. Por último, Vilán referiuse ao suposto proxecto dun novo emisario submarino para a Ría de Pontevedra do que a conselleira falou nos medios e comunicación, e preguntouse se de levarse a cabo tamén se faría sen o permiso previo de ocupación do Ministerio.

 

 

Saúdos,

 

Comunicación PSdeG-PSOE

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services