O deporte según Feijóo: Falta de planificación e ausencia de inversións.
Membros da Agrupación Socialista de Pontyevedra e do “Equipo do Cambio” acompañaron hoxe as candidatas socialistas, Patricia Vilán e María Pierres nos repartos electorais no centro de Pontevedra e nas inmediacións do Campo de Pasarón. Asímesmo, Patricia Vilán realizou para os medios unhas declaracións sobre o tema do deporte que ben se poden sintetizar nas seguintes liñas:
“O resumo da xestion de Feijóo e o PP en materia de deporte pódese sintetizar en unha absoluta falta de planificación e unha ausencia de inversións”.
“En dúas lexislaturas nin siquera se elaborou un Mapa Autonómico de Infraestructuras Deportivas, porque a intención do PP sempre é utilizar as obras deportivas como moeda para comprar vontades”, afirmou hoxe a candidata socialista Patricia Vilán, “esta situación ten que rachar e non o fara mentras o PP siga no poder”
Os socialistas entendemos o deporte como un elemento fundamental para a mellora da calidade de vida dos cidadáns. E debemos traballar nese sentido.
“Dado o estado da cuestión, é preciso elaborar un Plan Integral do Deporte Galego que defina os obxectivos e estableza as estratexias correspondentes a curto, medio e longo prazo, para o desenvolvemento do deporte galego en todas as súas manifestacións”, afirmou Vilán na sua comparecencia ante os medios
Este Plan debe garantir as condicións precisas para que a práctica da actividade física e o deporte estea presente en todos os niveis do ensino.
“Os Socialistas traballaremos para establecer mecanismos de coordinación, cooperación e colaboración da Xunta de Galicia cos concellos e, no seu caso, co sector privado, co fin de mellorar a xestión pública do deporte. Nese sentido, o traballo que se ten feito en Pontevedra debe ser un referente de cómo o deporte pode servir para inculcar habitos saudabeis e tamen pode xerar actividade económica”, continuou dicindo a candidata socialista.
Un dos temas pendientes é o afondamento na democratización das organizacións deportivas públicas e privadas de carácter non-lucrativo, establecendo a máxima participación e transparencia. A Xunta debe xogar un papel fundamental nese traballo que ainda queda por facer.
“O fomento do deporte feminino e para as persoas con discapacidade será un elemento de especial atención. Ainda hai moito que avanzar en ambolos dous ámbitos”, indicou Patricia Vilán.
E necesario vertebrar o Deporte para Todos no noso país coa necesaria colaboración das Asociacións deportivas e buscar fórmulas para impulsar o Deporte Escolar.
Hai que mellorar a Tecnificación e o Deporte de alto nivel, cunha mellor dotación no CGTD e aplicando novos criterios. Porase en marcha unha oficina de apoio e asesoramento ao deportista galego de alto nivel, coa participación das universidades e as federacións deportivas galegas, cuxa finalidade será a mellora das condicións de adestramento e a súa compatibilidade cos estudo ou co traballo
“Hai moito que facer e moito que avanzar. Os Socialistas temos respostas para os problemas e poranse en marcha con carácter inmediato a partir do dia 26, deixando atrás unha época oscura e sen criterios”, finalizou dicindo a candidata socialista ao Parlamento de Galicia.



