O concelleiro socialista de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural aposta polo uso público da horta de Santa Clara

O concelleiro socialista de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Ivan Puentes, manifestou a súa vontade de facer todo o politicamente posible para lograr que a zona verde anexa ao Convento de Santa Clara acabe convertida nunha gran zona de recreo e esparcemento no centro da cidade.

“Estamos a falar dunha das maiores áreas verdes que quedan no casco a urbano de Pontevedra, cun valor histórico, cultural e natural evidente. Temos o deber de, polo menos, intentar que todos os pontevedreses e pontevedresas podan desfrutar dela, en lugar de aceptar sen máis que acabe en mans privadas”, sinalou o noso compañeiro.

Para elo, Puentes anunciou a solicitude urxente de reunións con diversos representantes da Igrexa, a fin de trasladarlles oficialmente o interese do Concello nesa parcela e estudar as posibles vías de colaboración que fagan posible levar á práctica o desexo de converter a horta nun gran parque municipal. “Dado que parece que están dispostos a estudar usos alternativos ao relixioso, queremos coñecer de primeira man os seus plans e ver se é posible chegar a un entendemento que satisfaga os desexos e necesidades de ambas partes”, afirma o Concelleiro.

Trataríase dunha zona verde pechada, ao estilo dos parques ingleses, pois o muro de grandes dimisións que rodea a parcela ten tamén un importante valor patrimonial e, a priori, parece que debe ser conservado. A horta conta xa con acceso directo, independente do Convento, desde a rúa Santa Clara e o desexo da Concellería de Desenvolvemento Sostible sería habilitar tamén un acceso dende a Praza de Barcelos, que conectase ambos espazos, creando “unha xoia verde e patrimonial das máis importantes das cidades galegas”, conclúe Puentes.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services