O BNG non di a verdade sobre o novo contrato do servizo de abastecemento de auga

NOTA DE PRENSA

“Cando chegue o momento, veremos como BNG e PP votan o mesmo neste asunto”, indicou o portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Tino Fernández.

 O Socialista foi moi critico coas declaracións do goberno municipal sobre o novo contrato para o abastecemento da auga.“As afirmacións feitas polo concelleiro de Facenda son un insulto á intelixencia”.

“Non se pode ser mais trapalleiro nin dicir mais medias verdades. Non é nada serio que alguén con tanta experiencia se permita facer ese tipo de afirmacións”.

 Os socialistas acusan ao goberno de filtrar aspectos dun expediente ao que os concelleiros aínda non tiveron acceso. “É unha curiosa forma de practicar a transparencia”, ironizou Fernández.

Para comenzar, segun os socialistas, o BNG do alcalde Lores debería explicar a súa “conversión” ao modelo privatizador. “Fai 20 anos opuxéronse con contundencia ao mesmo que agora queren facer” indicou Fernández “pero ademais van contra o contido do seu propio Programa Marco Electoral, onde falan expresamente de remunicipalizar servizos privatizados”

Por decencia e por transparencia, o BNG debe explicar os motivos de manter a auga privatizada. “Que poñan sobre a mesa os informes que avalen que a prestación faise mellor ou mais barata por unha empresa privada que se se fai directamente polo concello”. Os Socialistas insisten en que a decisión de manter a privatización sen xustificala, vai a levantar moitas sospeitas.

“A primeira pregunta que se fan os cidadáns é cal e o interese do Alcalde en manter un servizo privatizado en contra do mandato do seu propio Partido”

Os socialistas critican o modelo do BNG para completar o saneamento no Rural. O goberno engana aos cidadáns: “O custe das obras vaise cargar ao bolsillo de todos os pontevedreses porque a cantidade que inverta a empresa non vai a ser a fondo perdido senón que teremos que devolvela con intereses nas facturas do subministro”

O PSOE esixirá ao alcalde que explique a que pacto chegou con Nuñez Feijoo para perdoarlle a sinatura do convenio para o saneamento comprometido pola Xunta. “O BNG consinte que o PP se vaia sen poñer un euro. O alcalde é un chollo para a Xunta”

Os Socialistas critican tamén a inversión mínima prevista para a empresa adxudicataria.”Pártese dunha cantidade inferior á que se conseguiu en 1997 (15 millóns de euros), o que non ten moito sentido” indicou Tino Fernández.

O tema e moito mais grave:”Se aplicamos o IPC acumulado durante estes 20 anos segundo o INE (55%), a cantidade de partida debe estar por enriba dos 20 millóns de euros. O contrario é facilitar un pelotazo”

Os Socialistas non ven por ningún lado os beneficios para os cidadáns. A pregunta é quen se beneficia entón?.

Pontevedra, 8 de agosto 2017

Grupo Municipal Socialista

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services