Municipais 2015 – tinofernandez.gal .- a web da campaña

HEADER-tinofernandezO socialismo pontevedrés multiplica a súa presenza na rede coa incorporación dunha nova páxina web, tinofernandez.gal, co obxectivo de impulsar a candidatura socialista ao concello de Pontevedra nas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.

Así, o noso Secretario Xeral e candidato á alcaldía, Tino Fernández, xunto co resto da candidatura, contan a partir de agora cunha páxina web propia que centralizará toda a actividade da precampaña e da campaña electoral.

Unha páxina web bidireccional que pretende servir de vehículo tanto para espallar as novas da nosa campaña, como -e máis importante- para recibir achegas e suxestións do conxunto da cidadanía que teña a ben darse unha volta. Pontevedra faise entre todas e todos e así querémolo reflectir nesta web.

Quedades todos convidados a pasar por tinofernandez.gal!

 Alí vos esperamos agardando polas vosas achegas e suxestións.

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services