Monte Porreiro, exemplo de compromiso dos socialistas cos barrios

Monte6Non puidemos ter mellor presentación de programa en Monte Porreiro. A presenza de Pepe Blanco sempre ofrece un plus a calquer mitin, non só pola súa experiencia política, senón tamén polo entusiasmo que transmite en cada unha das súas palabras. E se algo fai falta nunha campaña electoral é iso: entusiasmo.

En Monteporreiro, Pepe transmitiunos esa emoción, o que axudou a caldear o ambiente do Centro Cultural, no que tamén interviñeron Paloma Castro, a nosa número 2, e Suso Fernández como anfitrión residente no barrio. Pechou o acto, por suposto, o noso candidato, Tino Fernández.

Pepe Blanco centrou a súa intervención na defensa da xestión dos socialistas en todas as ocasións nas que tiveron oportunidade de gobernar, en España, en Galicia e, por suposto, en Pontevedra e reivindicou o seu período no Goberno como o a época na que “máis se invertiu en infraestructuras e transferencias de renta para Galicia na súa historia”, e falou da súa intensa actividade parlamentaria en Europa tratando sempre de sacar iniciativas adiante que sexan positivas para Galicia.
Tino Fernández centrou as súas palabras nos eixos do noso programa para Pontevedra: Emprego, PXOM, Servizos Sociais ou melloras nas parroquias e barrios. Neste último apartado centrouse  en Monteporreiro para o que presentou medidas específicas como:

– O aumento da bonificación ao autobús urbano, para conseguir que os veciños do barrio paguen bastante menos do 1,40 actual por billete.

– Completar a programación deportiva, introducindo novos eventos alí como a carreira popular creada pola Concellería de Deportes neste mandato.

– Potenciar o centro sociocultural cunha programación estable.

– Presencia dunha traballadora social do Concello para atender as necesidades dos vecinos.

– Mantemento integral dos novos espazos públicos.

– Máis presenza da policía local.

Agradecer desde aquí a tódolos veciños de Monteporreiro e aos compañeiros da agrupación que se achegaron a pasar a tarde-noite con nós no mitin.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services