MOCIÓN: MELLORAS INMEDIATAS PARA O BARRIO DO BURGO

“ O Barrio de o Burgo necesita mais actuacións e menos propaganda” indicou o concelleiro do PSOE tras presentar unha Moción instando ao goberno municipal a levar a cabo unha serie de   melloras no Barrio.

“Tratase de cousas de sentido común, que os veciños e veciñas ven e senten como necesidades”

O crecemento  urbanístico do Barrio nos últimos anos propiciou un importante incremento da poboación que en algúns casos non veu acompañada das adaptacións e melloras necesarias. “Un exemplo é o parque infantil que se queda moi pequeno e ademais está desatendido. Non solo hai que falar de novos parques, cousa que está ben, senón que tamén hai que coidar e manter os existentes” sinalou o concelleiro socialista que puxo como exemplo o situado na parte alta da praza de Pasaron. Elementos insuficientes, valla perimetral rota e chan en mal estado.

Outra das cuestións nas que incidiu o concelleiro do PSOE é na falta de seguridade  para os peóns en algúns puntos. “ fai falla mellorar a seguridade en rúas como Luís Otero co pintado de novos pasos de peóns”

 A Avenida da Coruña presenta un aspecto moi mellorable, máxime sento unha das entradas da cidade. Cómpre acometer algunhas actuacións urxentes, fundamentalmente na marxe esquerda (dirección Santiago) desa avenida. No entorno do Pavillón dos Deportes son múltiples as deficiencias das beirarrúas, tanto na rúa Xoán Manuel Pintos como na Avenida de Compostela: baldosas rotas, fochancas, múltiples charcos os días de chuvia, especialmente na esquina entre ambas rúas, beirarrúas excesivamente estreitas entre o Pavillón e o acceso a Pasarón, semáforos para peóns colocados en sentido contrario desde hai anos, etc. “As veces parece que o modelo de cidade remata na outra marxe do rio Lérez”

Mención aparte merece a rúa Fernández Cochón, fundamentalmente no treito que discorre entre a parte de atrás do Pavillón e a Igrexa de Santiago do Burgo, unha rúa invadida pola maleza e o lixo, pola que resulta nauseabundo pasar, esquecida totalmente por parte do Concello de Pontevedra.

Finalmente, cómpre chamar a atención sobre o estado no que se atopa a pasarela peonil que conecta as rúas Leonardo Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, salvando a Avenida de Compostela, tamén deteriorada e habitualmente con demasiado lixo e maleza.

 A moción dos Socialista remata reclamando do Ministerio de Fomento, unha vez máis, a cesión integral ao Concello de Pontevedra da totalidade da Avenida de Compostela, entre a rotonda de Pasarón e a de Médico Ballina, a fin de poder calmar o tráfico na zona, humanizar e integrar o entorno de Pasarón e o barrio do Burgo co Campus Universitario e o resto da cidade.

Pontevedra 15 de febreiro de 2017

Asdo: Grupo Municipal Socialista

Moción O Burgo e Pasaron

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services