Moción instando as Administracións a controlar as plantacións de Eucalipto
NOTA DE PRENSA
Os Socialistas presentan Moción instando as Administracións a controlar as plantacións de Eucalipto
“A proliferación do eucalipto é xa un problema de primeira magnitude na política galega. Hai que actuar antes de que sexa demasiado tarde”, manifestou o portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Tino Fernández
Nos últimos 40 anos, o número de hectáreas ocupadas polo eucalipto pasou de pouco mais de 130.000 a mais de 500.000 segun o Inventario Forestal Nacional. “ As cifras son demoledoras e reflicten unha situacion moi preocupante”.
A situacion volvese alarmante coa introdución dunha nova especie de eucalipto, o denominado Eucalyptus nitens, moito mais resistente ao frío e que polo tanto pode colonizar zonas ata o de agora vedadas a esta arbore
“ Onde crece, o eucalipto acaba por destruir o terreo e o deixa practicamente inservible para outro tipo de plantas” insistiu o portavoz socialista. “Se non tomamos esto en serio, as consecuencias no futuro serán previsiblemente malas ou moi malas”
A Moción dos Socialistas recolle as principais propostas plantexadas polos Grupos Ecoloxistas e estase presentando en moitos concellos. “ E necesario concienciar a todos da necesidade de pararlle os pes ao eucalipto. Esta en xogo a defensa da biodiversidade, a supervivencia das nosas especies autóctonas”
O que se pretende e evitar a expansión das plantacións de eucaliptos, eliminar os ventureiros e potenciar a nosa vexetación autóctona
“A idea e que esta moción sirva para presionar as Administracións competentes pero tamén ao concello no marco das súas responsabilidades para adoptar medidas de control do que xa é unha praga”
Entre outras cousas, a Moción solicita
– unha moratoria para novos plantíos de eucaliptos
– a consideración do Eucalipto nitens como especie invasora
– Poñer freo aos cultivos enerxéticos no novo Plano Forestal
-Aplicación estrita da lexislación para impedir a forestacion con eucalipto de terras agrarias
– Establecemento dunha fiscalidade verde
– Unha campaña de promoción dos aproveitamentos sustentábeis
– Eliminación dos eucaliptos ventureiros.
Pontevedra, 7 de agosto de 2017
Grupo Municipal Socialista



