MOCIÓN INSTANDO AO GOBERNO DO ESTADO A AXILIZAR A POSTA EN MARCHA DAS MEDIDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NOTA DE PRENSA

“O Pacto de Estado é un elemento de enorme relevancia para a loita contra as violencias machistas. Unha reivindicación tanto das/dos Socialistas como do movemento feminista” indicou a concelleira Paloma Castro tras presentar a Moción. “Pero agora temos que facer que se aplique e desenrole canto antes. E necesario presionar ao goberno do Estado para que o dote economicamente”

 A sociedade e os poderes públicos teñen a obriga de garantir a seguridade e a liberdade de mais do 50% da poboación. “Nesa tarefa os concellos teñen que xogar un papel moi importante dado que son a Administración mais próxima aos cidadans”, suliñou a concelleira socialista

No Pacto non se recollen todas as propostas Socialistas senón aquelas que foron aceptadas por todos os Grupos. Por iso creemos que este é un bo instrumento pero seguiremos a reivindicar a súa mellora.

As propostas presentadas polos Socialistas de Pontevedra pretenden

– Instar un acurtamento dos prazos para a posta en marcha das medidas contidas no Pacto de Estado

– Instar que poña en marcha as medidas que gardan relación coas entidades locais e o papel que lles corresponde no ámbito da atención e protección de mulleres vítimas das violencias machistas

– Instar ao goberno a que active as partidas orzamentarias acordadas para a execución das medidas contidas no Pacto e transfira as cantidades necesarias para elo ao resto de Administracións

Pontevedra, 13 outubro 2017

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services