Carta aberta á militancia: Moción de Censura do PSOE no Congreso.-

 

Estimada/o Compañeira/o:

Como ben sabes, este xoves debaterase no congreso dos deputados/as a Moción de Censura presentada polo noso Partido para desaloxar do goberno a un Partido Popular declarado corrupto por sentencia da Audiencia Nacional

A intención da Comisión Executiva que encabezo era convocar unha asemblea despois do Comité Federal do pasado luns día 28 de maio. Pero a premura de tempo da Mesa do Congreso á hora de convocar o debate e votación da Moción, fai inviable a convocatoria antes do próximo venres. Con todo, xa vos anuncio que estudaremos a posibilidade de realizar a asemblea unha vez coñecido o resultado da nosa Iniciativa.

O motivo da Moción de Censura é de sobras coñecido: A sentencia da Audiencia Nacional na que, ademais de condenar a diversos cargos públicos e orgánicos do PP, considera probado que este Partido elaborou e se aproveitou dun “autentico e eficaz sistema de corrupción institucional mediante a manipulación da contratación publica central, autonómica e local”. É dicir, a sentenza recoñece que o PP é unha organización corrupta que se beneficiou de prácticas delituosas.

Esta situacion de absoluta indignidade politica, fai que o noso Partido plantexe a necesidade de rexenerar a vida política e propiciar un cambio de goberno. Non é admisible que  nos siga a gobernar unha persoa que é Presidente do PP dende 2004, que nomeou tesoureiro a Bárcenas, que lle enviou SMS pedíndolle fortaleza e que os propios xuíces entenden que a súa declaración como testemuña carece de credibilidade. Neste contexto, ¿como imos permitir que un personaxe así nos siga a gobernar?

A fortaleza das institucións democráticas depende en boa medida da confianza que se deposita polos  votantes nas persoas que se ocupan da xestión do interese publico. E a permanencia na Presidencia do Goberno do máximo responsable dunha formación política declarada xudicialmente como parte dun autentico sistema de corrupción institucional, afecta gravemente á credibilidade do do noso Goberno e do noso país e á dignidade da democracia española.

Por iso, sobran os motivos para presentar esta Moción de Censura. Unha Moción chea de Dignidade, que debemos defender tamén con dignidade.

Para rematar quérovos pedir  non contribuír á crispación. Oiremos de todo e seremos descalificados polos elementos máis retrógrados da sociedade que só pretenderán montar ruído para que non se fale do importante: que Mariano Rajoy non pode seguir sendo Presidente do Goberno.

Pídovos que actuemos, que defendamos as nosas conviccións con firmeza, pero tamén con serenidade. Expliquémoslle aos cidadáns que as descalificacións son consecuencia da podredumbre que aniña dentro dun Partido, o PP, que utilizou as institucións e o poder para beneficio propio

Un saúdo socialista e moito ánimo!!!!!

Pontevedra, 30 maio 2018

Asdo: Maica Larriba

Secretaria Xeral

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services