Moción Amianto Nos Edificios Municipais

OS SOCIALISTAS INSTAN AO CONCELLO A FACER UNHA INSPECCIÓN SOBRE A EXISTENCIA DE AMIANTO NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS

“Sen alarmismos de ningún tipo, pero é algo que se debe facer” indicou o concelleiro do PSOE Iván Puentes, tras presentar hoxe unha Moción instando ao goberno municipal a que adopte medidas para facer unha inspección dos edificios municipais acerca da posible existencia de amianto e, no eu caso, proceder a súa retirada.

O amianto foi un material moi empregado nos edificios, tamén nos públicos polo seu carácter illante. Hoxe en día son coñecidas as súas consecuencias para a saúde, polo que se elaborou fai tempo un protocolo para eliminalo e sustituilo por outro tipo de materiais.

“Non hai que sementar a preocupación porque o perigo do amianto está na súa manipulación ou cando rompe a estrutura que o contén e se desprende” afirmou Iván Puentes, “pero é conveniente coñecer si aínda existe nalgún edificio municipal. Si é así, débese actuar para eliminalo”

“Hai que evitar o risco de que por calquera circunstancia ( por exemplo un temporal ou unha rotura accidental ) unha estrutura que conteña amianto se rompa e cause alarma”

Os Socialistas entenden que se debe inspeccionar en primeiro lugar, os centros docentes e constatar se nalgún aínda queda este material. Si é así, hai que elaborar un protocolo de actuación e proceder á súa eliminación. “para elo débese contar coa colaboración da conselleira de Educación”.

A proposta dos socialistas consiste en elaborar unha relación de edificios de titularidade municipal que conten con amianto e a partir de aí planificar cronoloxicamente a súa progresiva retirada dese amianto

O PSOE tamén propón a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para financiar a progresiva eliminación do amianto presente nos centros de ensino infantil e primario de todo termo municipal. Incluído tamén a retirada de este materia dos edificios da Xunta con especial incidencia nos centros de ensino secundario
Pontevedra, 21 febreiro 2017

Asdo: Grupo Municipal Socialista

Moción GM PSdeG-PSOE amianto edificios

 

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services