María Pierres denuncia a precarización e o desemprego provocados polas políticas de Núñez Feijóo.

20160906-REUNIÓN UGT

  • “Compartimos plenamente a preocupación dos nosos compañeiros de UGT pola situación tanto do desemprego como pola precarización do pouco emprego que se crea na provincia”.
  • “Os traballadores e traballadoras teñen que saber que hai respostas novas para o maior problema da sociedade e que esas respostas están no proxecto socialista e non nas políticas equivocadas do PP e Nuñez Feijóo”.

Os candidatos socialistas ao Parlamento de Galicia, María Pierres e García Lores, mantiveron hoxe una reunión con membros da Executiva de UGT representados por Ramón Vidal, Sec. Xeral da Comarca de Pontevedra, José Manuel Civeira, Sec. Xeral de FeSP da provincia, María Durán e Carlos Esperón, membros da Executiva Comarcal.

As políticas xeradoras dun emprego de calidade son sempre unha prioridade para os socialistas. De ahí que entre as primeiras reunións previstas pola candidatura se atopen os Axentes Sociais. Mañá está prevista a presencia de Leiceaga na reunión cos Empresarios de Pontevedra.

Nesta reunión, ademáis de escoitar a análise da situación dende a perspectiva sindical, os candidatos fixeron entrega dunha copia das medidas propostas no programa electoral co que os Socialistas se presentan a estas eleccións.

“Compartimos plenamente a preocupación dos nosos compañeiros de UGT pola situación tanto do desemprego como pola precarización do pouco emprego que se crea na provincia”, sinalou María Pierres

Os datos falan por sí sós da desfeita que supuxeron os gobernos do PP, chegaron dicindo que ían solucionar o problema do emprego e o seu balance é que o número de persoas paradas se duplicou, medrou un 115% ata 243.235 persoas en 2016. Se lle engadimos a iso que a protección por desemprego apenas alcanza ao 52% frente ao 75% do ano 2009, vemos que o panorama é desolador.

E o dato aínda se volve máis estremecedor se temos en conta que máis do 95% do emprego que se crea na provincia é temporal e de escasa calidade.

Ramón Vidal fixo especial fincapé en que “todas as contratacións vinculadas ás administracións teñan una cláusula de obrigado cumprimento respecto dos dereitos laborais, levando o incumprimento da mesma a extinción automática das concesións”.

María Pierres sinalou que “os socialistas non estamos só para descubrir as mentiras de Feijoo senón para aportar solucións viables e creíbles. O compromiso que hoxe lle traemos aquí a UGT está recollido no noso programa, no que se recolle un amplísimo abano de medidas sensatas para revertir unha situación inaceptable”.

Unha das medidas as que fixeron referencia María Pierres e García Lores foi o Programa de Fomento do Emprego para Mozos e Mozas e Parados de Longa Duración que ten por obxecto a incorporación ao mercado laboral de ambos colectivos. O obxectivo do programa é promover 10.000 contratos de tres anos de duración ao ano.

Pola súa parte García Lores remarcou que “a reforma da Axencia Galega de Emprego, a atención aos desempregados de longa duración, a recuperación do diálogo social, unha formación profesional deseñada con criterios de empregabilidade e a reducción da fenda salarial entre homes e mulleres, son algunhas das medidas de calado contidas no programa electoral”.

“Os traballadores e traballadoras teñen que saber que hai respostas novas para o maior problema da sociedade e que esas respostas están no proxecto socialista e non nas políticas equivocadas do PP e Nuñez Feijóo”, finalizou decindo María Pierres.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services