INSTAN AO GOBERNO A ADOPTAR MEDIDAS PARA FOMENTAR O USO DE ENERXIA RENOVABLE

Os Concelleiros do Grupo Municipal do PSdG-PSOE  veñen de presentar unha Moción instando ao goberno a adoptar unha serie de medidas para fomentar o uso da enerxía renovable e mellorar a eficiencia enerxética.

“O actual contrato para o subministro de enerxía eléctrica as dependencias municipais está a piques de rematar. De feito, xa se está a traballar no novo prego de condicións. É o momento oportuno para que este concello dea exemplo de sustentabilidade” afirmou Tino Fernández tras presentar a Moción.

Os Socialistas creen que as institucións deben optar pola enerxía renovable ata onde sexa posible. Trátase de marcar un camiño para que outros o sigan.

“Hai moitas medidas que se poden tomar para facer visible a aposta do concello pola mellora do medio ambiente. Por iso instamos a  fixar como condición no contrato de subministro eléctrico que as operadores deben garantir que a prestación debe ser ofertada con enerxía renovable” indicou o portavoz do PSOE.

Non se trata dunha ocorrencia. É algo que se está a facer xa en moitos concellos de todo o Estado e está a funcionar. Se as Administracións nos apuntamos as enerxías renovables, estas levarán  un pulo importante.

“Despois de case dous anos este goberno aínda non materializou ningunha iniciativa en materia de protección ambiental. Como en outros asuntos asistimos a cerimonia de anuncios mediaticos que logo non pasan de aí” indicou Tino Fernández.

Outras das medidas que propoñen os Socialistas na  súa Moción son entre outras:

.- Instalar progresivamente nos edificios municipais sistemas de xeración de enerxía renovable destinados a cubrir o autoconsumo.
–  Implementar medidas de aforro e eficiencia enerxética nas súas instalacións.

– Adoptar medidas de diversificación enerxética na compra de vehículos, co obxectivo de reducir paulatinamente, ata a súa eliminación, o consumo de combustibles fósiles na flota municipal. Con tal fin , adquiriranse  preferentemente vehículos que utilicen as enerxías renovables ou, no seu defecto, os menos contaminantes dos que se ofrezan no mercado.

– Realizar auditorías  ambientais en todas as dependencias municipais para proxectar as medidas de redución das súas necesidades enerxéticas.

– Tomar as medidas necesarias para garantir que, cando se efectúen reformas importantes en edificios municipais, mellórese a eficiencia enerxética do edificio.

– Asinar o Pacto dos Alcaldes para o clima e a Enerxía, que asume os obxectivos da UE para o 2030 na loita contra o cambio climático

Pontevedra, 11 de febreiro de 2017

Grupo Municipal Socialista

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services