Infraestructuras: todo virtual, nada real.- Feijóo e Rajoy cómplices nos incumprimentos a Galicia.

20160916-pierres-equipo-cambio“As infraestructuras son un elemento clave para o desenrolo de calquer territorio. No caso de Galicia esta importancia acentuase polo noso carácter periférico. A competividade do noso país pasa por xerar unhas boas infraestructuras”, indicou hoxe María Pierres, candidata socialista ao Parlamento de Galicia.

Os gobernos de Feijóo venderon fume, crearon frustración e inclumpliron sistemáticamente as suas propias promesas en materia de infraestructuras. A única xestion relevante de Feijoo foi protestar contra o goberno socialista (o que mais investiu en infraestructuras en Galicia en toda a súa historia) e calar ante os reiterados incumprimentos do goberno de Mariano Rajoy. “Feijóo non actuou como presidente de Galicia senón como lacaio do seu partido”, afirmou Pierres na súa comparecencia.

“Relatar os incumprimentos do PP daría para escribir un libro. Os socialistas queremos transmitir ilusión cun proxecto que ofrece respostas novas. A época das promesas incumpridas do PP chegará ao seu fin o día 25”, continuou dicindo María Pierres, para dar paso ao relato dos principais compromisos socialistas nesta materia.

  • Promover a intermodalidade entre os diversos medios de transporte, para o cal, deberá acelerarse o ritmo de execución das estacións intermodais nas principais cidades galegas e se demandará ao goberno do Estado unha rápida culminación dunha eficiente conexión por ferrocarril entre ciudades. “No caso da nosa cidade, traballaremos para que a intermodalidade sexa realidade no menor prazo posible”.
  • Desenvolver o Plan Director de Estradas ante o incumprimento e o fracaso do Plan Move.
  • Implementar un Plan de Transferencias de Estradas entre as distintas administracións –nomeadamente Xunta, Deputacións e Concellos–, facendo que cada administración soporte as vías que lle corresponden.
  • No caso da AP-9, reclamamos a transferencia de competencias para a administración autonómica, de forma que os galegos e as galegas poidamos xestionar a principal arteria de Galicia.
  • Posta en marcha de Plans de Mobilidade, que integren obxectivos explícitos de sustentabilidade. Entre eles, un Plan Estratéxico para o uso da bicicleta en Galicia como medio de transporte, seguindo o exemplo de Europa.
  • No caso específico de Pontevedra, procederemos a cumplir a promesa  de execución da variante de Alba e da actuación e acondicionamento da estrada Pontevedra-Vilagarcía, eixe vertebrador imprescindible para a nosa reactivación económica
  • Comprometemos tamen a nosa participación na execucion da ronda Urbana ata a súa conexion coa N-541 (Tramo Montecelo- Estrada de Ourense)
  • Con respecto as infraestructuras ferroviarias, apostaremos polo tren de proximidade nas áreas urbanas e semiurbanas, para o cal é necesario acadar o traspaso de activos e competencias, creando un ente de ferrocarrís galego.
  • Reclamaremos de forma enérxica ante o goberno central os compromisos de inversión e o cumprimento de prazos do AVE a Galicia, unha cuestión na quedou as claras o silenzo de Feijóo, cómplice dos incumprimentos ano tras ano de Rajoy e de Ana Pastor”.

“Os gobernos de Feijoo foron oportunidades perdidas, pasos atrás nesta materia como noutras moitas. Os socialistas chegamos con  propostas e respostas novas e posibles que permitan colocar ao noso país na mellor das posicions ante os inmensos retos do  futuro”, finalizou a súa intervención María Pierres.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services