Emotiva homenaxe a Celso García de la Riega
O 9 de abril de 2015 será un día de moi grato recordo para o socialismo pontevedrés. Nesa data a Agrupación Socialista de Pontevedra ofreceulole a Celso García de la Riega unha merecida homenaxe pola súa traxectoria vital defendendo os valores socialistas e republicanos.
Foi un acto cheo de emoción no que o noso secretario xeral, Tino Fernández, estivo acompañado polo secretario provincial, Héctor Santos, e polo Secretario Xeral de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, que quixeron estar presentes neste emotivo e vibrante acto, ademáis dunha nutrida representación de militantes socialistas.
Ademáis do correspondente ramo de rosas bermellas, fíxoselle entrega a Celso dunha figura conmemorativa da República que él tanto defendeu arriscando a súa propia vida.