Grazas a TOD@S polo voso traballo…que comeza AGORA!
Sí, por suposto que sí. Grazas a todas e a todos, militantes, simpatizantes e votantes do PSdeG-PSOE polo traballo realizado nesta campaña electoral e pola confianza depositada. Os resultados non son os esperados, nin os desexados por nós, pero son os resultados que nos concedeu a cidadanía e o noso aval para esta lexislatura que da comezo no Parlamento de Galicia.
Grazas tamén en nome das dúas persoas da nosa agrupación que acadaron a condición de parlamentarias, Patricia Vilán e María Pierres. Para elas iníciase un duro traballo representando ao socialismo galego e pontevedrés na cámara galega. Unha misión para a que precisan da complicidade e do apoio de todas e todos nós.
Rematou a campaña e da comezo o traballo para toda unha lexislatura. Ilusión, paixón, gañas, autoestima, traballo honesto, nunha palabra, SOCIALISMO!



