Frenética actividade da concellería socialista de Deportes o fin de semana.

Este fin de semana a actividade deportiva no concello, área xestionada polo compañeiro Tino Fernández dende a Tenencia de alcaldía, foi frenética.

O sábado, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, disputouse o Campionato Galego de Atletismo en categoría absoluta, no que máis de 400 atletas galegos, portugueses e ingleses, competiron ó longo da xornada polo título autonómico nunha vintena de disciplinas (5 quilómetros marcha; 800, 100 e 400 metros valla; martillo, disco e peso; salto con pértiga e de altura, etc.). A proba foi valorada moi positivamente polo concelleiro socialista, dada a alta participación de público e os logros alcanzados polos deportistas de la Gimnástica de Pontevedra, con catro oros.

A mañá do sábado iniciarase coa presenza do Tenente de Alcalde na exposición de coches que tivo lugar diante do Concello con anterioridade á competición da tarde, na que os vehículos mostraron as súas capacidades na subida a Almofrei, na XXII edición da Subida a Pontevedra. Tino Fernández se felicitou por como transcorreron as probas sen ningún problema e cun número importante de afeccionados que foron testemuñas da carreira dende as zonas próximas á carreteira, ó que axudou o bo tempo que acompañou a xornada.

Pese á acumulación de probas deportivas, o concelleiro de Deportes non faltou o Campionato Galego Sprint categoría infantil, que se disputou no embalse del Pontillón do Castro, en Verducido, facendo entrega das medallas da proba de piragüismo.

O domingo a actividade do noso representante seguiu atendendo a tódalas competicións e actividades deportivas iniciadas o sábado e que transformaron a nosa cidade nunha capital do deporte, grazas en boa parte ó traballo que os socialistas fixemos en mandatos anteriores dende á area de deportes e que hoxe podemos recoller.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services