Festa Socialista 2016.- Chegou a hora do PSdeG!

PontePSOE-Oroso

Unha nutrida representación dos socialistas da Agrupación de Pontevedra asistiu á Festa Socialista de Galicia 2016, que nesta edición celebrouse no concello de Oroso. Unha verdadeira festa onde acudiron máis de 2.000 militantes de toda Galicia.

No transcurso da mesma, PedroSánchez, Secretario Xeral do PSOE, trasladou a Leiceaga todo o seu traballo e compromiso, así como o de toda a Comisión Executiva Federal.

Pedro Sánchez comentou como no pouco tempo que leva como Secretario Xeral Federal ten falado moito “con gandeiros galegos que necesitan unha Xunta que defenda os seus intereses e dereitos, con moitos mozos que tiveron que emigrar, con moitos traballadores do sector pesqueiro e cun sector sanitario galego que se ve ameazado pola privatización”.

“Todos eles esixen cambiar a Xunta e por iso estou convencido de que o 25 de setembro gañará o cambio en Galicia e ti -Leiceaga- gobernarás ese cambio”, afirmou Sánchez.

Pola súa parte, Xoaquín Fernández Leiceaga acusou a Núñez Feijóo de ser “o primeiro presidente que antepón a súa axenda persoal aos intereses do país e o que menos cre en Galicia e na súa xente, o seu único obxectivo é conservar o goberno como pasaporte a Madrid”.

Leiceaga reivindicou os avances dos gobernos de Laxe e Touriño  “porque somos un partido de goberno para as persoas, entendemos o socialismo como un instrumento para que ninguén quede atrás, para que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades”.

Finalmente, Leiceaga afirmou que “existe unha posibilidade real de cambiar Galicia se conseguimos que o vindeiro 25 de setembro os galegos e as galegas voten masivamente, temos a responsabilidade histórica de saír na defensa de Galicia, o futuro non está escrito e temos que escribilo nós; chegou a hora do PSdeG”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services